Saltar ao contido

Maputo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMaputo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 25°54′55″S 32°34′35″L / -25.9153, 32.5764
EstadoMozambique Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.133.200 (2023) Editar o valor en Wikidata (3.267,87 hab./km²)
Lingua usadaLíngua chope (pt) Traducir
Língua ronga (pt) Traducir
Língua de Sinais Moçambicana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie346,77 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porBaía de Maputo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude31 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1781 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal0101-01, 0101-02, 0101-03, 0101-04, 0101-05, 0101-06, 0101-07, 0101-08, 0101-09, 0101-10, 0101-11, 0102-01, 0102-02, 0102-03, 0102-04, 0102-05, 0102-06, 0102-07, 0102-08, 0102-09, 0102-10, 0102-11, 0103-01, 0103-02, 0103-03, 0103-04, 0103-05, 0103-06, 0103-07, 0103-08, 0104-01, 0104-02, 0104-03, 0104-04, 0104-05, 0104-06, 0104-07, 0104-08, 0104-09, 0104-10, 0104-11, 0105-01, 0105-02, 0105-03, 0105-04, 0105-05, 0105-06, 0105-07, 0105-08, 0105-09, 0105-10, 0105-11, 0105-12, 0105-13, 0105-14, 0106-01, 0106-02, 0106-03, 0106-04, 0106-05, 0107-01, 0107-02 e 0107-03 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico21 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2MZ-MPM Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcmmaputo.gov.mz Editar o valor en Wikidata
BNE: XX458906

Maputo é a capital e a maior cidade de Mozambique. Atópase no sur do país, nas marxes do océano Índico. Limita ao norte co distrito de Marracuene, ao noroeste e oeste co concello de Matola e mais co distrito de Boane, e ao sur co distrito de Matutuíne. Ten preto de 1 744 000 habitantes na súa área metropolitana.

Foi fundada no final do século XVIII e designouse Lourenço Marques ata 1975. Ademais destas dúas designacións, a cidade e maila súa área tamén foron coñecidas por outros nomes, tales como Baía da Lagoa, Xilunguíne ou Chilunguíne (Terra dos brancos), Mafumo, Camfumo ou Campfumo , Delagoa e Delagoa Bay, sendo esta a designación máis internacionalmente coñecida polo menos ata aos primeiros anos do século XX.

Postal da Avenida Central de Lourenço Marques arredor de 1905.

Os primeiros habitantes coñecidos da Baía da Lagoa ou de Maputo, desde hai máis de mil anos, foron os Khoisan (tamén coñecidos por bosquimáns, hotentotes ou san). Hai polo menos setecentos anos chegaron do Norte os Rongas (o pobo do Sol Nacente), o primeiro pobo Bantú dos moitos fluxos migratorios dos Grandes Lagos que se seguirían.

Considérase que os primeiros europeos en visitaren a Baía de Lourenço Marques foron os navegantes portugueses dun navío comandado por Luís Fernandes en 1502 (logo de seguir á primeira viaxe de Vasco da Gama). Tamén, a baía xa é referenciada no mapa de Cantino, no 1502 e era entón coñecida por Baía da Lagoa. O seu recoñecemento só foi efectuado no 1544 por un escuro comerciante portugués, Lourenço Marques, cuxo nome foi máis tarde dado á baía e á cidade.

En 1781, o rei Mpfumo xa prestara vasalaxe aos portugueses. A primeira estrutura física portuguesa no lugar foi un presidio fundado en 1782 por unha forza militar proveniente da Illa de Mozambique mandada por Xoaquín de Araúxo. O presidio era entón rodeado por varios estados africanos, particularmente os reinos Mpfumo, Matsolo e Tembe. O presidio ou forte foi totalmente destruído por piratas franceses en 1796 e reconstruído en 1799.

A primeira ocupación civil portuguesa ocorreu en 1826 coa fixación dalgúns colonos. Lourenço Marques foi elevada a vila e o seu municipio criado no 1875, para despois ser elevada a cidade en 1887. A cidade tornouse cada vez máis prominente na administración da colonia, ata que a capital foi finalmente transferida da Illa de Mozambique a Lourenço Marques en 1898.

Divisón administrativa

[editar | editar a fonte]
Localización de Maputo en Mozambique.
Maputo na actualidade.

A cidade constituíu administrativamente un municipio e tamén, desde 1980, unha provincia, Maputo (Cidade). O municipio ten unha área de 300 km² e unha poboación de 966.837 (censo de 1997). Maputo está dividida en 7 distritos, a saber:

  • Distrito Urbano Nº1
  • Distrito Urbano Nº2
  • Distrito Urbano Nº3
  • Distrito Urbano Nº4
  • Distrito Urbano Nº5
  • Distrito Municipal da Illa da Iñaca
  • Distrito Municipal da Catembe

A autarquía de Maputo é dirixida por un Consello Municipal e presidida por un Presidente do Consello Municipal. O actual presidente é Eneas Comiche, elixido nas eleccións autárquicas de decembro do 2003 cos seguintes resultados:

Candidato Partido Votos %
Eneas Comiche Frelimo 96.035 75,88
Artur Vilankulos Renamo 15.289 12,08
Philipe Gagnaux XPC
(Xuntos pola Cidade)
12.695 10,03
Carlos Jeque IPADE
(Instituto para a Paz e Democracia)
2.543 2,01
Pedro Loforte Independente 1.223 0,97
Nulos 1.617
Brancos 1.105
Total 130.507

A provincia Maputo (Cidade) é dirixida, como as outras provincias, por un gobernador. En febreiro do 2005 foi nomeada Rosa Manuel da Silvao a primeira gobernadora desta provincia (o cargo estivo vacante ata esa altura).

A cidade non debe ser confundida coa provincia de Maputo, que ocupa a parte máis meridional do territorio mozambicano, exceptuando a cidade de Maputo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy