Saltar ao contido

Mari Saarinen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMari Saarinen
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Kangasala, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Peso66 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Tampereen Ilves
Participou en
febreiro de 2010Xogos Olímpicos de Inverno de 2010
febreiro de 2006Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 Editar o valor en Wikidata

Mari Susanna Saarinen, nada o 30 de xullo de 1981 en Kangasala)[1] é unha ex xogadora de hóckey sobre xeo e adestradora finlandesa.

Saarinen xogaba na posición de atacante e desenvolveu toda a súa carreira en Ilvees. Aínda que finalizou a súa carreira en 2012, regresou ao equipo ao final da tempada 2014-15 mentres desempeñaba o papel de adestradora asistente do equipo de Tampere.[2][3] Gañou o campionato finlandés con Ilves en dúas ocasións: 2006 e 2010.[4] Ademais gañou seis pratas e cinco bronces. Ao longo da súa carreira disputou 315 partidos de liga regular na SM-sarja cun rexistro de 158 goles e 180 asistencias para un total de 338 puntos, mentres que nos play-offs disputou 100 partidos cun rexistro de 29 goles, 28 asistencias e 57 puntos.[5]

Saarinen xogou nos Xogos Olímpicos de Inverno de Turín 2006 e Vancouver 2010, así como en seis Campionatos do Mundo.[6] Conquistou o bronce nos Campionatos do Mundo de 2004, 2008 e 2009.[7] En Vancouver 2010 conseguiu a medalla de bronce.[8] Xogou máis de cen partidos coa selección finlandesa.

Na tmpada 2016–17 Saarinen exerceu como adestradora xefa de Ilves na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, a SM-sarja.[5][2]

  1. "Mari Saarinen" (en inglés). Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2011. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Nyholm, Taru (7 de abril de 2016). "Mari Saarinen on Ilveksen uusi päävalmentaja Naisten SM-sarjassa - ”Toiminnalle jatkumo”" (en finés). Leijonat.fi.  [Ligazón morta]
  3. Silvennoinen, Santtu (1 de outubro de 2016). "Naisten jääkiekon lasikaton murtaja kiroaa ammattitaidottomat miehet - "Perseen pyllistys pelaajille"". Iltalehti (en finés). Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  4. "Ilves nousi kuilun partaalta mestariksi". Yle Urheilu (en finés). 3 de abril de 2010. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Aaltonen, Juha (9 de setembro de 2016). "Ilveksen naiset takaisin Suomen huipulle Mari Saarisen johdolla". Aamulehti (en finés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  6. "Mari Saarinen" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  7. Hintikka, Matti; Tikander, Vesa; Ojala, Kaj (2010). Finnish Team The XXI Olympic Winter Games Vancouver 2010 (PDF) (en inglés). Comité Olímpico Finlandés. p. 55. ISBN 9789525794076. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de xuño de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  8. "Suomen naisleijonat voittivat pronssia jatkoaikamaalilla" (en finés). Comité Olímpico Finlandés. 25 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2010. Consultado o 21 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy