Saltar ao contido

Maroxo, Arzúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maroxo
Igrexa de Santa María de Maroxo.
ConcelloArzúa[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°53′15″N 8°08′50″O / 42.88759932, -8.14734685
Área4,4 km²
Poboación74 hab. (2018)
Densidade16,82 hab./km²
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Maroxo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 74 habitantes (43 homes e 31 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A orixe toponímica é dubidosa, se ben se aceptan como posibles varias teorías, entre as máis destacadas están o antropónimo "Maro" de orixe celta e a súa posterior latinización como "Marogium", que rematou desembocando en "Maroxo". Outra orixe podería ser "Marouço", que vén do portugués, significando "monte empedrado preparado para o cultivo".[2]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • A igrexa parroquial de Santa María de Maroxo (pertencente á diocese de Santiago de Compostela) é un templo que data do século XIX, de estilo románico, que consta dunha soa nave e tellado a dúas augas. Está rodeada por un atrio-cementerio pechado por un muro de cachotaría e unha cancela de ferro. O edificio está construído con cachotaría, con elementos de granito en marqueados e esquinas das paredes. Ten unha sancristía acaroada á ábsida no lado esquerdo, e un retablo que data do tamén século XIX, así coma un arco de medio punto que apuntala e estreita a parte do prebisterio do resto da nave. Consta tamén de forxados, tribuna e teitume de cemento armado.[3]
  • Casa grande de Maroxo.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Maroxo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Maroxo no concello coruñés de Arzúa

A Cal | Castrillón | Cima de Vila | O Escalleiro | Fondevila | Fonte da Vila | Fontelas | A Igrexa | Maroxo de Abaixo | Maroxo de Arriba | Masusao | O Outeiro | A Pena | O Penedo | O Pumar | San Miguel | San Migueliño | O Vilar | A Xunqueira

Parroquias de Arzúa

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Arzúa

Arzúa (Santiago) | Boente (Santiago) | Brandeso (San Lourenzo) | Branzá (Santa Locaia) | Burres (San Vicenzo) | Campo (Santo Estevo) | A Castañeda (Santa María) | Dodro (Santa María) | Dombodán (San Cristovo) | Figueiroa (San Paio) | Lema (San Pedro) | Maroxo (Santa María) | A Mella (San Pedro) | Oíns (San Cosme) | Pantiñobre (Santo Estevo) | Rendal (Santa María) | San Martiño de Calvos de Sobrecamiño (San Martiño) | Santa María de Arzúa (Santa María) | Tronceda (Santa María) | Viladavil (Santa María) | Vilantime (San Pedro) | Viñós (San Pedro)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy