Saltar ao contido

Mastodinia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mastodinia
Clasificación e recursos externos
DiseasesDB22464
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A mastodinia[1] é o termo médico que se emprega para chamar á dor que se presenta nas glándulas mamarias.

Frecuencia

[editar | editar a fonte]

A mastodinia é moi adoita na muller cando se teñen períodos menstruais. Indícanse os resultados dende 50 até 100% en países de occidente.

Síntomas

[editar | editar a fonte]

A dor mamaria varía de forma importante en canto a gravidade, a cal pode ir dende leve a moi intensa. A maioría dos casos, até un 60% son formas leves, mais en ocasións é tan grave que ocasiona incapacidade para levar unha vida normal, xa que interfere no traballo, vida sexual ou no sono.

A dor pódese clasificar en cíclica e non cíclica, a primeira é aquela que se relaciona coa menstruación e se presenta ó redor de 5 días previos á mesma. Este é máis frecuente en mulleres novas menores de 40 anos. A dor non cíclica preséntase en calquera período da muller e é máis frecuentemente despois dos 40 anos.

A dor obedece a algunhas patoloxías da muller, entre as cales se atopa a mastopatía fibroquística que son cambios que se atopan no parénquima mamario que substitúen o tecido mamario normal por fibrose e zonas de quistes. Esta patoloxía é unha das que máis ocasiona a dor mamario.

Tamén hai algúns alimentos que poden ocasionar dor, como os que conteñen metilxantinas (cafeína, té, chocolates e bebidas gasosas) ou alimentos con altos contidos de graxas. Algúns medicamentos como as usadas para a asma ou a doenza pulmonar obstrutiva, ou aqueles que conteñen hormonas tamén poden ser causantes de mastodinia.

  1. "Entrada mastodinia en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2018. Consultado o 02 de maio de 2018. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy