Saltar ao contido

Matilde Ras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMatilde Ras
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1881 Editar o valor en Wikidata
Tarragona, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1969 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaFeminismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoGrafoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, tradutora, graphologist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJules Crépieux-Jamin Editar o valor en Wikidata

BNE: XX2761027

Matilde Ras nada en Tarragona o 1 de setembro de 1881 e finada en Madrid o 15 de abril de 1969 foi unha das pioneiras na grafoloxía científica en España. Gran coñecedora dos clásicos, especialista na análise do Quixote, foi tradutora, articulista, ensaísta e escritora de novela, teatro e guións.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Matilde Ras naceu no seo dunha familia que formaba parte dos círculos intelectuais da época. O seu pai era arquitecto e a súa nai estudou Maxisterio en Francia e en España. O seu único irmán, Aurelio, era un ano menor. Cando Matilde contaba con dous anos, a familia trasladouse a Cuba, deixando ao irmán en España, cunha coidadora. De regreso a España, tras a morte do seu pai en Cuba, trasladáronse primeiro a Tarragona, logo a Barcelona, Zaragoza e Soria. Finalmente instaláronse en Madrid, onde Matilde terminou o Bacharelato.

Desde moi nova, mostrou unha gran predisposición pola literatura. Lía moito e escribía contos e historietas, que se converteron en contos que tiveron un gran éxito ao ser publicados por diversas revistas infantís. Mostrou unha gran predisposición ao debuxo, chegando, aos 18 anos, a exercer como profesora. Dado o seu coñecemento do francés, que lle ensinou a súa nai, fixo traducións de poemas dos autores Paul Verlaine, Charles Baudelaire, e Paul Valéry entre outros. Converteuse nunha apaixonada lectora de Voltaire.[1]

Formou parte da xeración de feministas españolas con conciencia de grupo, que xunto a Elena Fortún, formaban parte do madrileño Círculo Sáfico de Victorina Durán.[2] Moitas das integrantes deste círculo pertencían tamén ao Lyceum Club Feminino, asociación fundada en 1926.[3] Comprometidas na defensa dos dereitos das mulleres, reivindicaron o novo papel da muller na sociedade, e chegaron a enfrontarse a figuras como Ramón e Cajal, Gregorio Marañón ou Pilar Primo de Rivera.

A amizade entre Fortún e Ras comezou nos anos vinte, na revista Blanco y Negro, publicación na que ambas colaboraban. Viviron a súa relación sentimental con discreción. Víronse separadas polo exilio de Fortún, que decidiu seguir ao seu marido tras acabar a guerra civil.[4] Ras seguiu en España, colaborou nalgunhas ocasións coa revista Horizonte[5], e exiliouse a Portugal entre 1941 e 1943. Alí escribiu o seu Diario onde relatou os sufrimentos da guerra civil e a súa estancia en Portugal, un remanso de paz mentres Europa estaba inmersa na Segunda Guerra Mundial.[6]

Volveu a Madrid onde morreu en 1969.[7]

Grafoloxía

[editar | editar a fonte]

Desde temperá idade interesouse pola grafoloxía, a raíz do descubrimento do libro Método práctico de Grafología de Juan Hipólito Michon. Pronto coñeceu La escritura y el carácter de Jules Crépieux-Jamin, pai da grafoloxía francesa, que, posteriormente, traduciuse pola súa mediación e publicouse en 1933. Aproximadamente, no ano 1910, dirixiuse á revista Por esos mundos, ofrecendo un consultorio grafolóxico, onde tras a análise da grafía de varios membros da redacción, aceptaron a súa proposición.

En 1917 publicou o seu primeiro libro, Grafología. Estudio del carácter por la escritura, na Editorial Estvdio de Barcelona. A mediados do ano 1923 a Xunta de Ampliación de Estudos (JAE) concedeulle unha bolsa e trasladouse a París para ampliar os seus estudos, obtendo o diploma de Peritaje caligráfico.[8] Grazas á súa obra de divulgación en medios de comunicación foi a introductora da grafoloxía clásica francesa en España, Portugal e Hispanoamérica.[9][10] O seu labor grafolóxico, ademais de en distintos volumes específicos, apareceu en numerosas colaboracións con revistas e xornais madrileños – Por esos mundos, El Heraldo de Madrid[11], Blanco y Negro, Estampa, entre outros.[12] En 1925, despois dalgúns anos en París, volveu a España e comezou a colaborar en ABC, labor que continuaría durante toda a súa vida. Publicou no ano 1929 a súa segunda obra, Grafología: las grandes revelaciones de la escritura, que publicou Editorial Labor. Por esas datas, realizou tamén a parte correspondente a grafoloxía da Enciclopedia Espasa-Calpe.

Paulatinamente, converteuse na referencia profesional no ámbito grafolóxico.[13] Ademais do seu traballo de asesoramento a empresas e a consultantes particulares, das súas clases particulares (desde 1917 até a súa xubilación, mantivo un consultorio grafolóxico en Madrid) e das súas colaboracións en prensa e revistas do país e estranxeiro, foi profesora de Grafoloxía Práctica e conferenciante no Instituto Internacional de Boston en Madrid.[14]

Narradora e tradutora

[editar | editar a fonte]

O éxito dos seus pioneiros estudos grafolóxicos fixeron sombra ao coñecemento da súa obra literaria, que abarca desde contos infantís até obras de teatro.[15] Desenvolveu labores de tradución, centrada nos clásicos da literatura infantil e xuvenil, como Charles Perrault, os irmáns Grimm e Hans Christian Andersen. Era gran coñecedora dos clásicos e considerada especialista na análise do Quixote.[16]

En 1915 publicou o volume Contos da Gran Guerra nos que relata as traxectorias vitais de cidadáns comúns no contexto bélico.[17]

Coñécese a súa correspondencia con diferentes artistas, sendo a máis coñecida coa escritora Caterina Albert i Paradís, coñecida co pseudónimo Víctor Catalá; á quen considerou a perfecta interlocutora e coa que mantivo entre 1904 e 1964 unha relación epistolar que revela as facetas de Matilde Ras, como muller e como escritora.[18]

Sobre grafoloxía

[editar | editar a fonte]
  • Grafología. Estudio del carácter por la escritura (1917)
  • Grafología: las grandes revelaciones de la escritura (1929)
  • Grafología (1933)
  • La inteligencia y la cultura en el grafismo (1945), Ed. Labor
  • El retrato grafológico (1947), Ed. Plus Ultra
  • Historia de la escritura y grafología (1951), Ed. Plus Ultra
  • Los artistas escriben (1953), Ed. Alhambra
  • Lo que sabemos de Grafopatología (1963)

Outras obras

[editar | editar a fonte]
  • Donde se bifurca el sendero (1913)
  • Cuentos de la Guerra (1916). Volume de relatos.
  • Quimerania (1918). Volumen de relatos.
  • Charito y sus hermanas (1946)
  • Diario (1946), dedicado a Elena Fortún.
  • Heroísmos oscuros (1968)
  • El amo y El taller de Pierrot (1934), pezas de teatro recollidas na obra Teatro de mujeres, de Cristóbal de Castro.
  • La hermosa hilandera y los siete pretendientes. Obra de teatro representada en Panamá.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • En xullo de 2006 créase o Premio Matilde Ras polo Instituto de Psicografología e Peritación, IpsigraP de Madrid co que cada ano se lembra a esta insigne figura da grafoloxía outorgándose a persoas que destaquen na grafoloxía ou achegado coas súas investigacións, obras e divulgación ao crecemento da grafoloxía.
  • En xullo de 2018 a Asociación “Herstóricas. Historia, Mulleres e Xénero” e as Colectivo “Autoras de Cómic” creou un proxecto de carácter cultural e educativo, para visibilizar a achega histórica das mulleres na sociedade e reflexionar sobre a súa ausencia, consistente nun xogo de cartas. Unha destas cartas está dedicada a Matilde Ras.[19][20]
  • O Museo ABC de Madrid, realizou en 2019 a exposición Dibujantas, que reune 135 obras de 42 mulleres das 105 que traballaron como ilustradoras para ABC e Blanco y Negro, entre as que está Matilde Ras.[21]
  • Na obra Elena Fortún, producida polo Centro Dramático Nacional en 2020, Matilde Ras aparece como personaxe secundario de relevancia. Foi encarnado pola actriz Irene Martín Guillén.[22]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Introducción de Nuria Capdevila-Argüelles. Selección de María Jesús Fraga e Nuria Capdevila-Argüelles. "El camino es nuestro". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  1. Lorenci, Miguel (2015-01-31). "Elena Fortún y Matilde Ras, fantasmas rescatados". El Diario Vasco (en castelán). Consultado o 2024-11-11. 
  2. "Elena Fortún y Matilde Ras, amor y feminismo". El Cultural. 21 de xaneiro de 2015. p. www.elcultural.com. Consultado o 15 de outubro de 2016. 
  3. Aguilera Sastre, Juan (2011). "Las fundadoras del Lyceum Club Femenino" (PDF) (35). Consultado o 13-03-2023. 
  4. Fortún, Elena; Ras, Matilde; Capdevila Argüelles, Nuria; Fraga Fernández-Cuevas, María Jesús (2014). El camino es nuestro. Colección Obra fundamental. Fundación Banco Santander. ISBN 978-84-92543-64-9. 
  5. Russo, Antonella (2016). Catálogo y estudio de la revista «Horizonte. Arte, literatura y actualidades». Sevilla: Ulises-Renacimiento. 
  6. Ras, Matilde; García Martín, José Luís (2018). Diario. Renacimiento biblioteca de la memoria. Renacimiento. ISBN 978-84-17266-70-7. 
  7. "ABC MADRID 10-05-1969 páxina 31". 2019-08-09. Consultado o 2023-05-18. 
  8. Russo, Antonella (2023-06-12). "Matilde Ras en París (1923-1926): diarios inéditos" (39): 301–326. ISSN 2695-4257. doi:10.14198/ALEUA.24313. Consultado o 2024-06-21. 
  9. Viñals, Francisco. "Matilde Ras: Una discípula distinguida del maestro Jules Crépieux-Jamin" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de febreiro de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2016. 
  10. "Escritoras españolas en la prensa, 1868-1936. Antología didáctica". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de outubro de 2016. 
  11. Russo, Antonella (2022-06-09). "Matilde Ras en la prensa de la Edad de Plata: reportajes en Heraldo de Madrid (1927-1931)" (37): 143–165. ISSN 2695-4257. doi:10.14198/ALEUA.2022.37.07. Consultado o 2024-06-21. 
  12. Russo, Antonella (2022). "Matilde Ras en la prensa de la Edad de Plata: reportajes en Heraldo de Madrid (1927-1931)". doi:10.14198/ALEUA.22916. Consultado o 13/06/2022. 
  13. Vels, Augusto: Semblanza de Matilde Ras Copia arquivada en Wayback Machine
  14. Mauricio Xandró (5 de setembro de 2008). "GRAFOSTUDIUM - GRAFOLOGÍA la psicografología y la grafística en los ámbitos educativo y profesional". Consultado o 15 de outubro de 2016. 
  15. Russo, Antonella. ""Teatro de mujeres" en la Edad de Plata: dos piezas de Matilde Ras". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2022. 
  16. "El amor imposible de Elena Fortún y Matilde Ras" (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  17. Ras, Matilde; Fraga Fernández-Cuevas, María Jesús (2016). Cuentos de la Gran guerra. Narrativa. Espuela de plata. ISBN 978-84-16034-78-9. 
  18. FRAGA Y RIBERA LLOPIS. "Cartas de Matilde Ras a Caterina Albert I Paradís (Víctor Català)". 
  19. "Participa en el Crowdfunding "Herstóricas Pioneras" en Verkami" (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  20. Madridiario. "Paseos urbanos con historia y mirada feminista" (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  21. "«Dibujantas», ilustración en femenino en el Museo ABC". Diario ABC (en castelán). 2019-05-26. Consultado o 2024-11-13. 
  22. "Elena Fortún [Sendero Fortún]" (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2020. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy