Saltar ao contido

Max Perutz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMax Perutz

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Max Ferdinand Perutz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de maio de 1914 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 2002 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Cambridge, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAscension Parish Burial Ground (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido (1941–)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Austria Editar o valor en Wikidata
EducaciónPeterhouse (en) Traducir
Universidade de Cambridge
Universidade de Viena
Theresianum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohn Desmond Bernal (pt) Traducir e William Lawrence Bragg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica, Bioloxía molecular e química Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo , cristalógrafo , biofísico , profesor universitario , biólogo molecular , químico , bioquímico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge
Universidade de York Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJohn Desmond Bernal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosFrancis Crick e John Cowdery Kendrew Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua alemá Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoFrancis Crick, John Keith Moffat (pt) Traducir, David Mervyn Blow (pt) Traducir e John Cowdery Kendrew Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRobin Perutz (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1095892 WikiTree: Perutz-65 Find a Grave: 96738791 Editar o valor en Wikidata

Max Ferdinand Perutz, OM nado o 19 de maio de 1914 en Viena (Imperio Austrohúngaro) e finado o 6 de febreiro de 2002 en Cambridge (Inglaterra), foi un químico británico, de orixe austríaca, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1962.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Viena, naqueles momentos situada no Imperio Austrohúngaro, pero que hoxe en día é a capital de Austria. Estudou química na Universidade de Viena, onde se licenciou en 1935. Ao ano seguinte ingresou no Laboratorio Cavendish da Universidade de Cambridge en Inglaterra como estudante de investigación baixo a dirección de John Desmond Bernal. Durante a segunda guerra mundial (1939-1945) foi arrestado acusado de ser inimigo do goberno británico e pasou dous anos (1941-1943) en campos de prisioneiros. En 1943 foi liberado e en 1945 permitíuselle renovar o seu traballo en Inglaterra.

En 1962 converteuse en presidente do Laboratorio de Bioloxía Molecular de Cambridge, cargo que ocupou ata 1979.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Nos Laboratorios Cavendish iniciou a súa investigación acerca da hemoglobina. No laboratorio de bioloxía molecular do Britain's Medical Research Council, e en colaboración con John Cowdery Kendrew, continuou estudando a estrutura das proteínas da hemoglobina, en particular a hemoglobina da sangue de cabalo, mediante a utilización da difracción de raios X.

A principios da década de 1950 Perutz converteuse en mentor de James Watson, momento no cal Watson determinou, xunto a Francis Crick, a estrutura do ácido desoxirribonucleico (ADN).

En 1953 descubriu que, incorporando un átomo pesado (ouro ou mercurio) a cada unha das moléculas da rede cristalina da hemoglobina, producíanse pequenas modificacións na súa correspondente posición, a interpretación do cal permitiulle dar a coñecer en 1960 o primeiro modelo tridimensional da molécula da hemoglobina. En 1959 conseguiu determinar a estrutura molecular da mioglobina, pola cal Perutz e Kendrew foron galardoados co Premio Nobel de Química de 1962.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Melvin Calvin
Premio Nobel de Química

1962
con
John Cowdery Kendrew
Sucesor:
Karl Ziegler
e
Giulio Natta


pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy