Saltar ao contido

Menisco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Meniscos entre os ósos tibia e fémur.

En anatomía, os meniscos son cartilaxe presentes na articulación femurotibial (xeonllo), entre os cóndilos do fémur e da tibia. Os meniscos teñen a función de diminuír o impacto e promover a adaptación (mellorar o encaixe) entre as faces articulares do fémur e da tibia.[1]

Corte transversal da tibia, mostrando as súas estruturas.

Hai dous meniscos, un medial e outro lateral, ambos os dous localizados por riba da tibia. Teñen forma de media lúa, cunha división en corno anterior, corpo e corno posterior. Como cartilaxe, presentan poucos vasos sanguíneos, o que dificulta a súa capacidade de rexeneración no caso que sufran algunha lesión. Unha vez lesionados, dificilmente se recuperan espontaneamente.

A artroscopía é un procedemento que permite a visión directa do menisco, usándose tanto para procedementos diagnósticos como de tratamento das lesións meniscais. Un destes tratamentos consiste na meniscectomía, que é a eliminación cirúrxica de parte do menisco.

  1. www.webcitation.org (ed.). "WebCite query result". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2008. Consultado o 16 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy