Milorad Dodik
Milorad Dodik (en serbio cirílico Милорад Додик), nado o 12 de marzo de 1959 en Laktaši, Iugoslavia (actual Bosnia e Hercegovina) é o presidente da República Srpska, unha das dúas entidades de Bosnia e Hercegovina, cargo que xa ocupara anteriormente entre 2010 e 2018. É ademais presidente do seu partido, a Alianza de Socialdemócratas Independentes (SNSD) (Савез независних социјалдемократа) e ocupou en dúas ocasións o posto de primeiro ministro da República Srpska, de 1998 a 2001 e de 2006 a 2010. É graduado en Ciencias Políticas pola Universidade de Belgrado.
Carreira política
[editar | editar a fonte]De 1986 a 1990 foi presidente da xunta executiva da Asemblea Municipal de Laktaši. En 1990, nas primeiras eleccións multipartidistas en Bosnia e Hercegovina foi elixido ó Parlamento da República Socialista de Bosnia e Hercegovina, como candidato da Unión de Forzas Reformistas. Durante a guerra de Bosnia, desempeñouse como representante da Asemblea Nacional da República Srpska (NSRS). Durante ese tempo, formou os Membros Independentes do Parlamento Caucus (Клуб независних посланика у Народној Скупштини Републике Српске, Klub nezavisnih poslanika ou Narodnoj Skupštini Republike Srpske), que constituíu a única oposición ó Partido Democrático Serbio (Српска демократска странка,Srpska demokratska stranka) de Radovan Karadžić, que mantivo a maioría absoluta durante a guerra no parlamento da República Srpska.
O partido fundado por Dodik constituíu o núcleo do Partido dos Socialdemócratas Independentes, formado en 1996, despois dos Acordos de Dayton, e foi elixido primeiro presidente. Posteriormente uníronse con outros partidos de similar ideoloxía para formar a Alianza de Socialdemócratas Independentes (Stranka nezavisnih socijaldemokrata, ou SNSD), da que tamén foi nomeado presidente. En 1997, saíu elixido para a NSRS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Milorad Dodik |