Saltar ao contido

Monofisismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O monofisismo é unha doutrina cristiá que xorde no século VI e que defende a existencia dunha soa natureza en Cristo. Dentro do monofisismo existen diversas posturas explicativas desta unicidade natural, algunhas fusionistas como o monofisismo real ou eutiquianismo e outras que sen negar a humanidade e a divindade de Cristo consideran que existe unha soa natureza ou ser único: monofisismo verbal.

Monofisismo real

[editar | editar a fonte]

No monofisismo real deféndese que na encarnación de Cristo a natureza humana foi absorbida pola divina, de modo que en Cristo só se pode falar dunha natureza divina e unha aparencia humana. Esta doutrina foi condenada no Concilio de Calcedonia (451) onde se formulou definitivamente a que sería a doutrina oficial da igrexa: Que en Cristo existen dúas naturezas, humana e divina, que permanecen inconfusas, indivisas, inmutables e inseparables, reunidas nunha soa persoa ou hipóstase.

Monofisismo verbal

[editar | editar a fonte]

Como reacción a postura do Concilio de Calcedonia e a pesar de que se abandonou a posición realista algúns teólogos e igrexas seguiron mantendo posicións monofisitas máis moderadas. Aceptouse a existencia de humanidade e divindade en Cristo pero rexeitouse a idea da hipóstase ou persoa entendendo no seu lugar unha soa natureza. Esta posición vense considerando hoxe en día por algunhas igrexas como a católica como non herética na realidade, se non como herética na súa formulación verbal, de aí que se coñeza a postura como monofisismo verbal.

Dentro do monofisismo verbal, hoxe en día hai tres igrexas que se definen como monofisitas, a Igrexa apostólica armenia, a Igrexa ortodoxa siríaca e a Igrexa ortodoxa copta incluíndo nesta a Igrexa etíope tewahedo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy