Saltar ao contido

Monte Paektu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMonte Paektu
(zh-hans) 长白山
(ko) 백두산
(ko) 장백산
(mnc) ᡤᠣᠯᠮᡳᠨ ᡧᠠᠩᡤᡳᠶᠠᠨ ᠠᠯᡳᠨ
(zh-hant) 長白山 Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Vista no inverno
Imaxe
Tipomontaña
Estratovolcán
territorio Editar o valor en Wikidata
Parte deFive Mountains of Korea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaSamjiyon, Corea do Norte (pt) Traducir, Fusong County, República Popular da China (en) Traducir, Antu County, República Popular da China (en) Traducir e Corea do Norte Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°59′34″N 128°04′38″L / 41.9928, 128.0772
CordilleiraChangbai Mountains (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.744 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica2.593 m Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data28 de febreiro de 2017
Identificador6190

O monte Paektu (en coreano: 백두산; Paektu-san) é unha montaña volcánica localizada na fronteira entre Corea do Norte e a China. Con 2744 m, é a montaña máis alta das montañas Changbai, ó norte, e da cordilleira Baekdudaegan, ó sur. Tamén é a montaña máis alta da península de Corea e de Manchuria.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome en coreano quere dicir "montaña de testa branca". O nome en chinés, Changbai Shan (en chinés tradicional: 長白山; en chinés simplificado, 长白山) quere dicir "montaña perpetuamente branca" do mesmo xeito que o seu nome en manchú ᡤᠣᠯᠮᡳᠨ
ᡧᠠᠩᡤᡳᠶᠶᠠᠨ
ᠠᠯᡳᠨ
, Golmin Šanggiyan Alin, e nomes variantes.[1] Un lago de cráter, chamado Lago do Ceo, atópase dentro da caldeira volcánica do cumio da montaña.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Relevo da rexión do monte Paektu

O monte Paeku é un estratovolcán cuxo cono está truncado por unha ampla caldeira de 5 km de anchura e 850 m de profundidade, parcialmente ocupada polas augas do lago do Ceo. A caldeira creouse arredor do ano 946, durante a chamada "erupción do milenio", cun IEV ou Índice de explosividad volcánica de 7, que expulsou de 100 a 120 km3 de piroclasto e puido afectar o clima da rexión.[2][3] A cinza volcánica desta erupción atopouse no sur da illa de Hokkaido, ó norte do Xapón. O lago ten unha circunferencia de 12 a 14 km, cunha profundidade media de 213 m e unha profundidade máxima de 384 m. Dende mediados de outubro a mediados de xuño, está cuberto normalmente de xeo.

  1. Exemplos: Paektu-san("Paektu-san: Corea do Norte". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) (coreano 백두산("백두산: Corea do Norte". Consultado o 30 de xullo de 2012. )), Ch’ang Pai,("Ch’ang Pai: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Chang-pai Shan,("Chang-pai Shan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Chōhaku-san,("Chōhaku-san: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Hakutō,("Hakutō: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Hakutō-san,("Hakutō-san: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Hakutō-zan,("Hakutō-zan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Paik-to-san,("Paik-to-san: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Pai-t’ou Shan,("Pai-t’ou Shan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Mount Paitoushar,("Mount Paitoushar: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Paitow Shan,("Paitow Shan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Pei-schan("Pei-schan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) and Bai Yun Feng.
  2. Pan, Bo; Xu (2013). "Climatic impact of the Millennium eruption of Changbaishan volcano in China: New insights from high-precision radiocarbon wiggle-match dating" 40 (1). Bibcode:2013GeoRL..40...54X. doi:10.1029/2012GL054246. 
  3. "Changbaishan". Smithsonian Institution. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2013. Consultado o 10 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy