Saltar ao contido

Museo Nacional de Toquio

Museo Nacional de Toquio
Coordenadas35°43′08″N 139°46′35″L / 35.718888888889, 139.77638888889
PaísXapón
CidadeUeno-kōen
TipoMuseo de arte
Inauguración1872
Visitantes1,4 millóns (2013)[1]
Na rede
https://www.tnm.jp/
IMDB: co0217196 Facebook: TokyoNationalMuseum Twitter: TNM_PR Instagram: tnm_pr Youtube: UCi4kijTbqPOh1LPN2f0eQYg BNE: XX122436 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo Nacional de Toquio foi fundado en 1872. É o museo máis antigo e máis grande do Xapón. Está localizado no Parque Ueno, en Toquio.

O museo alberga unha extensa colección de obxectos de valor arqueolóxico e artístico de varias eras do Xapón e outros países asiáticos. Os máis de 110 mil obxectos, inclúen 87 pertencentes ao Tesouro Nacional Xaponés, e 610 clasificados como Propiedade Cultural de Importancia. O museo realiza investigacións arqueolóxicas e antropolóxicas, así como difunde a cultura a través de eventos educativos relacionados á súa colección.

O museo está aloxado nun conxunto de edificios separados entre si. A Galería Honkan (本館), a Galería Asiática (東洋館), Hyokeikan (表慶館), Heiseikan (平成館), a Galería de Tesouros Horyuji (法隆寺宝物館), o Centro de Investigación e Información (資料館) e outras instalacións maiormente de servizos. Existen varios restaurantes e dúas tendas.

A información no museo está dispoñible en xaponés, inglés, coreano, chinés, francés e alemán.

O Museo Nacional de Toquio foi o primeiro museo a ser inaugurado no país. A inauguración tivo lugar en 1872 en Taisenden, e foi chamado entón o Museo Imperial. Pouco despois da súa apertura ao público, o museo mudouse a Uchiyamashita-cho (actualmente Uchisaiwai-cho), e en 1882 mudouse novamente ao seu local actual, no parque Ueno. Durante o século XX, o museo sufriu algúns trastornos, como o gran terremoto de Kantō de 1923, e a segunda guerra mundial, durante a cal permaneceu pechado.

Galerías

[editar | editar a fonte]

Galería Xaponesa (Honkan)

[editar | editar a fonte]

A Galería Honkan ten 24 salas de exhibición en dous pisos, as cales, de forma cronolóxica, mostran a arte xaponesa desde as figuras de arxila do período Jomon (10 000 a. C.) ata o gravado en madeira do século XIX.

Galería Asiática (Toyokan)

[editar | editar a fonte]

A Galería Toyokan ten dez salas de exhibición en cinco pisos, cunha excelente colección de obxectos artísticos e arqueolóxicos de varios países asiáticos. O museo alberga á maior e máis significativa colección de arte coreano, legado da época en que Corea era colonia xaponesa. Outros países de Asia nesta galería son China, India, e o sueste asiático. Aínda que non é de Asia, tamén Exipto está comprendido nesta galería. O edificio que alberga á galería Toyokan foi construído en 1968, deseñado por Taniguchi Yoshio. No primeiro piso, hai un restaurante, e unha tenda no vestíbulo.

Hyokeikan

[editar | editar a fonte]

Hyokeikan foi inaugurado en 1909, para conmemorar o matrimonio do príncipe herdeiro (posteriormente Emperador Taishō). Este edificio foi designado posteriormente como Propiedade Cultural de Importancia, e é aberto unicamente en ocasións especiais e exposicións temporais.

Heiseikan

[editar | editar a fonte]

Heiseikan foi inaugurado en 1999, e é utilizado principalmente para exposicións temporais. Ademais, contén no primeiro piso á Galería Arqueolóxica Xaponesa, con artefactos que datan de 10.000 a. C. a 7.000 a. C.

Galería de Tesouros Horyu-Ji

[editar | editar a fonte]

Esta galería contén os obxectos recuperados durante a restauración Meiji, cando as terras do templo Horyu-ji, en Nara, foron tomadas pola familia imperial en 1878.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy