Saltar ao contido

Nils-Aslak Valkeapää

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNils-Aslak Valkeapää

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1943 Editar o valor en Wikidata
Enontekiö, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Morte26 de novembro de 2001 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Espoo, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Regional artist (en) Traducir Lapônia (pt) Traducir
1978 – 1983 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSkibotn
Palojoensuu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoNorthern Sámi people (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura e poesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, compositor, artista discográfico, escritor, xornalista, cantante, mestre, pintor, músico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoJoik Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioÁillohaš Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesNils-Henrik Valkeapää, curmán segundo Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0884800 Facebook: Aillohas Youtube: UCOLmyR1GJVtNTWUkDh5eu-w Spotify: 0Rsmks8T6CLmfnCp3Ry8BU Last fm: Nils-Aslak+Valkeapää Musicbrainz: 8e030cfc-2f0c-4d45-8687-d5b347a33732 Discogs: 791141 Allmusic: mn0001936734 Deezer: 1675814 Editar o valor en Wikidata

Nils-Aslak Valkeapää, coñecido tamén como Áillohaš, nado o 23 de marzo de 1943 en Enontekiö e finado o 26 de novembro de 2001 en Espoo, foi un escritor, actor, artista e músico saami finlandés. Recibiu o Premio de Literatura do Consello Nórdico de 1991 pola súa obra Beaivi, áhčážan.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Procedía dunha familia dedicada á cría de renos e estudou maxisterio, aínda que nunca exerceu. Pasou boa parte da súa vida en Käsivarsi, preto da fronteira sueca, e tamén na localidae de Skibotn en Noruega. Seguiu a tradición do canto tradicional, o joik, que xoga un papel central no mundo literario e artístico saami pero na década de 1960 unha nova xeración de joikem, xente nova que buscaba as súas raíces, comezou a modernizalo, e Valkeapää converteuse nun dos máis prominentes. O seu primeiro álbum Jojkuja de 1968, contiña joiks modernizados e deu a coñecer esa música por todo o mundo, realizando unha xira polos Estados Unidos en 1983 con Seppo Paakkunainen.[2]

Valkeapeää compuxo en 1987 a música e interpretou o personaxe de Siida-Isit na primeira longametraxe en saami, Ofelaš, coñecida internacionalmente como Pathfinder, dirixida por Nils Gaup. Nas Olimpiadas de Inverno de 1994 en Lillehammer actuou na cerimonia de apertura. Un joik do filme apareceu no álbum de Mike Oldfield editado en novembro de 1994 The Songs of Distant Earth co título de "Prayer for the Earth".[3] En 1996 sufriu un serio accidente de automóbil, retirándose da vida pública.

Como escritor utilizou principalmente o saami, moitas das súas obras traducíronse ao finés e a outras linguas escandinavas. A súa primeira publicación foi Terveisiä lapista, un conxunto de  ensaios curtos. Publicou oito coleccións de poemas.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Giđa ijat čuovgadat (1974)
  • Lávllo vizár biellocizáš (1976)
  • Ádjaga silbasuonat (1981)
  • Ruoktu váimmus (1985)
  • Beaivi, Áhčážan (1988)
  • Jus gazzebiehtár bohkosivccii (1994)
  • Girddán, seivvodanš (1999)
  • Eanni, eannázan (2001)
  1. Ficha do autor en norden.org
  2. "Muus, Nathan & Gaski, Harald: Nils-Aslak Valkeapää Báiki: The International Sami Journal. 2001". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2016. 
  3. "The Songs of Distant Earth en tubular.net". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2016. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy