Saltar ao contido

Noz (froito da nogueira)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Noz da nogueira común

A noz é o froito da nogueira común. Froito seco con alto valor nutritivo, é rico en proteínas, vitaminas do grupo B, oligoelementos, aceites, lecitina e ácidos graxos omega 3 (poliinsaturados). Atribúeselle a capacidade de reducir o colesterol.

Consómese fresco ou cociñado, así como en sobremesas, pódese almacenar durante meses despois de quitarlle a pela exterior e telas un tempo secando ao sol para que non collan mofo.

Tamén recibe os nomes galegos dialectais de concho, coucho, croucho, cuncho, noza, noga, corolo, carolo, carola ou carrola.[1]

  1. Atlas Lingüístico Galego. Volume VI: Léxico. Terra, plantas e árbores. Fundación Barrié / Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. 2016. ISBN 978-84-16533-12-1. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy