Nujoom Al-Ghanem
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1962 (62 anos) Dubai, Emiratos Árabes Unidos |
Educación | Universidade de Ohio Universidade Griffith (pt) |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, poetisa, escritora |
|
Nujoom al-Ghanem, nada en Dubai o 24 de outubro de 1962, é unha escritora e directora de cinema emiratí.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Al-Ghanem foi a única rapaza de cinco irmáns, e foi criada pola súa avoa porque o seu pai non a aceptou logo de ter catro filos. De nena lía sobre temas diversos, como misticismo, teoloxía, filosofía ou poesía. Despois aumentou as súas lecturas grazas á feira do libro de Sharjah. A poesía árabe inspirouna de nova, e levouna a escribir os seus propios poemas.[2] Tamén lle gustaba pintar, porque tiña un tío pintor, e a fotografía.[3] Antes da comezar a súa carreira profesional como escritora publicou os seus textos en prensa local.[2] Logo de rematar os estudos secundarios decidiu que quería ir estudar a Londres. A pesar do apoio do seu pai, ela preferiu casar antes para non marchar ela soa.[3]
Estivo un semestre na Universidade de Al Ain e deixou os estudos.[3] Comezou a traballar no Departamento de Arte e Cultura de Dubai e os Emiratos do Norte. Logo de casar, ser nai e traballar como xornalista, decidiu ir estudar a Ohio. En 1996 rematou un grao en produción audiovisual na Universidade de Ohio, e en 1999 rematou un mestrado na Universidade Griffith.[3][4]
Poesía
[editar | editar a fonte]Al-Ghanem publicou oito poemarios:[5]
- Masaa Al-Janah ("Tardes de ceo", 1989)
- Al-Jarair ("As consecuencias", 1991)
- Rawahel (1996)
- Manazel Al-Jilnaar (2000)
- La Wasf Lima Ana Feeh (2005)
- Malaikat Al-Ashwaaq Al-Baeeda ("Anxos de longa distancia", 2008)
- Laylon Thaqeelon 3la Alayel (2010)
- Asqoto fi Nafsi ("Caín en min mesma", 2012)
A súa obra está inspirada en autoras árabes como a siria Saniyah Saleh, ou as emiratís Ousha a Poeta e Sheikha Sana’a bint Mana Al Maktoum.
Filmes
[editar | editar a fonte]- Between Two Banks (1999, documental)
- Al Mureed (2008, documental sobre Fatima Ali Alhameli)
- Hamama (2010)
- Amal (2011)
- Red, Blue, Yellow (2013)
- Sounds of the Sea (2015)
- Nearby Sky (2015)[6]
- Sharp Tools (2017)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Amin, Omnia. "Poetry of Nujoom Al Ghanem". Jehat. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2007. Consultado o 6 de xullo de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Khalaf, Hala (24 de agosto de 2016). "Emirati Women’s Day: Interview with poet and filmmaker Nujoom Al Ghanem". The National. Consultado o 6 de xullo de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Clarke, Kelly (2 de marzo de 2016). "Art was always my calling: Emirati poet". Khaleej Times. Consultado o 6 de xullo de 2017.
- ↑ "Nujoom Al-Ghanem’s Gallery – Khaleeji Art Museum". khaleejiartmuseum (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2023.
- ↑ "Nujoom Al Ghanem". Blackbird Archive. Consultado o 6 de xullo de 2017.
- ↑ "Nujoom Al Ghanem". Festival Scope Pro. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 6 de xullo de 2017.