Nursultan Nazarbayev
Nursultan Äbişulı Nazarbayev (en kazako cirílico Нұрсұлтан Әбішұлы Назарбаев), nado o 6 de xullo de 1940 en Şamalğan, distrito de Qarasaý, RSS de Kazakhstán, é un político kazako, que foi Presidente de Kazakhstán dende 1990 ata 2019.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre 1984 e 1989 foi primeiro ministro da República Socialista Soviética de Kazakhstán, cando esta aínda formaba parte da Unión Soviética. En 1990 foi elixido presidente da RSS de Kazakhstán e mantivo o posto tras a caída da URSS e a independencia do país
O 19 de marzo de 2019 anunciou por sorpresa a súa dimisión tras practicamente 30 anos á fronte de Kazakhstán.[1] Nazarbáyev, de 78 anos de idade, fixo pública a súa decisión a través dunha alocución televisada polos principais canais do país. «Este ano cumpliranse 30 anos desde que ocupo o cargo máis alto. O pobo outorgoume a posibilidade de ser o primeiro presidente do Kazakhstán independente», dixo ante as cámaras despois de dar a coñecer a súa renuncia.[2][3] Foi o político que máis tempo permaneceu no poder en todo o espazo post-soviético.
Porén, o líder kazako non se apartará demasiado dos centros de poder. Segundo as súas palabras, manterase á fronte do Consello de Seguridade da república, do Consello Constitucional e do seu partido Nur Otan, o maioritario no Parlamento. Até que se celebren unhas novas eleccións para elixir o seu sucesor, o presidente en funcións é Kassim-Jomart Tokayev, que ocupaba o cargo de presidente do Senado.[2][3]
A primeira medida adoptada polo Parlamento kazako, tras renunciar Nursultán Nazarbáyev ao seu cargo de Xefe do Estado e tras tomar posesión o novo presidente interino, Kasim-Zhomart Tokáyev, foi a de mudar o nome da capital, Astana, cuxo nome é agora o mesmo que o do pai da Nación, Nursultán.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dimite el presidente de Kazajistán tras tres décadas en el poder". El País (en castelán). 19 de marzo de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 El presidente kazajo y último líder soviético, renuncia tras 30 años en el poder. La Voz de Galicia, 20-03-2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Nazarbayev dimite por sorpresa como presidente de Kazajstán tras tres décadas en el poder. ABC, 19-03-2019.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nursultan Nazarbayev |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |