Saltar ao contido

Obdulia Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaObdulia Díaz
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte1985 Editar o valor en Wikidata


Obdulia Díaz, finada en 1985,[1] foi unha muller ourensá coñecida polo seu labor asistencial no barrio da zona antiga de Ourense. Estímase que, ao longo de varias décadas, chegou a criar máis de douscentos nenos e nenas.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A chamada “Avoa Obdulia” vivía na zona antiga de Ourense e asistía os nenos do barrio, normalmente fillos de prostitutas, acolléndoos na súa casa, lavándoos e dándolles de comer.[3] A señora Obdulia chegou a traballar de cociñeira para o gobernador en tempos da segunda república, pero tras quedar viúva e con tres fillos, o seu medio de vida era o oficio de lavandeira. Lavaba sabas por encargo na fonte das Burgas.[2]

Torre do Baño. Escultura
Torre do Baño, escultura de Manuel Penín na praza de Saco y Arce (Ourense).

En xaneiro de 2011 foi inaugurada en Ourense[4] unha estatua de Manuel Penín, titulada Torre do Baño, na praza de Saco y Arce, como homenaxe a esta figura silenciosa da historia local.

  1. Noguerol, Jaime. "La camada de Obdulia". La Región (ed. dixital). Consultado o 10 marzo 2018. 
  2. 2,0 2,1 Huete, Cristina (29 xaneiro 2011). "Ourense descubre una heroína: La ciudad repara el olvido de la mujer que cuidó 200 hijos de prostitutas". Consultado o 10 marzo 2018. 
  3. Rivas, Chito. "Avoa e nai de nenos propios e alleos". La Region. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  4. Escultura Manuel Penín en Plaza Saco y Arce (Telemiño Ourense). 28 xaneiro 2011. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy