Osborne Reynolds
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de agosto de 1842 Belfast, Reino Unido |
Morte | 21 de febreiro de 1912 (69 anos) Watchet, Reino Unido (en) |
Causa da morte | gripe |
Presidente Manchester Literary and Philosophical Society (en) | |
1888 – 1890 | |
Secretario Manchester Literary and Philosophical Society (en) | |
1874 – 1884 | |
Datos persoais | |
Educación | Queens' College, Cambridge (pt) - matemáticas (–1837) |
Actividade | |
Campo de traballo | Mecánica, hidrodinámica e hidráulica |
Ocupación | físico, enxeñeiro, enxeñeiro civil, profesor universitario |
Empregador | Universidade Vitoria de Manchester |
Membro de | |
Alumnos | Joseph John Thomson |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Рейнольдс Осборн) Enciclopedia soviética armenia Georgian Soviet Encyclopedia (en) , (vol:8, p.341) |
Osborne Reynolds, nado en Belfast o 23 de agosto de 1842 e finado en Watchet (Somerset) o 21 de febreiro de 1912 foi un destacado estudoso británico de orixe irlandesa especializado en dinámica de fluídos. Ademais, os seus estudos de transferencia de calor entre sólidos e fluídos levaron a melloras nos deseños de caldeiras e condensadores. Pasou toda a súa carreira na Universidade de Manchester.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Osborne Reynolds naceu en Belfast e mudouse cos seus pais pouco despois a Dedham, Essex. O seu pai traballou como director de escola e clérico, mais tamén era un matemático hábil cun aplicado interese na mecánica. O pai realizou un gran número de patentes para melloras no equipo agrícola, e o seu fillo considérao como o seu mestre principal cando era neno. Reynolds amosou aptitude e gusto temperáns polo estudo da mecánica. A finais da adolescencia, o ano anterior a entrar na universidade, foi a traballar como aprendiz no taller de Edward Hayes, un coñecido armador de Stony Stratford, onde obtivo experiencia práctica na construción e mantemento de vapores e logrou práctica no entendemento da dinámica de fluídos.
Osborne Reynolds asistiu ao Queens' College, Cambridge, e graduouse en 1867 como sétimo wrangler en matemáticas.[1] Escollera estudar matemáticas en Cambridge porque, nas súas propias palabras na súa solicitude de 1868 para ser profesor, "dende as miñas primeiras lembranzas tiven un irresistible gusto pola mecánica e as leis físicas en que está baseada a mecánica como ciencia... a miña atención dirixiuse a varios fenómenos mecánicos, para os que a explicación que descubrín era esencial un coñecemento matemático".[2][3] O ano inmediatamente seguinte ao da súa graduación de Cambridge, volveu a tomar un posto nunha compañía de enxeñaría en Londres, desta vez de enxeñaría civil. En 1868 foi nomeado profesor de enxeñaría no Owens College de Manchester (actualmente Universidade de Manchester), converténdose ese ano nun dos primeiros profesores da universidade británica que tivo o título de "Profesor de Enxeñaría". Este título fora creado e financiado por un grupo de industriais construtores na área de Manchester, e tamén tiveron un papel destacado na escolla de Reynolds, entón de vinte e cinco anos, para o posto.
Reynolds permaneceu no Owens College o resto da súa carreira; en 1880 o college formou parte constituínte da nova Universidade Vitoria. Foi elixido Fellow of the Royal Society en 1877 e recibiu a Royal Medal en 1888. Retirouse en 1905 e faleceu de gripe o 21 de febreiro en Watchet en Somerset.[3][4] Foi enterrado na igrexa de St Decuman, Watchet.[4]
Publicacións
[editar | editar a fonte]As súas publicacións sobre dinámica de fluídos comezaron a principios da década de 1870. O seu modelo final, publicado a mediados da década de 1890, continúa a ser o marco matemáico empregado na actualidade. Exemplo dos seus traballos máis innovadores son:
- "An experimental investigation of the circumstances which determine whether the motion of water shall be direct or sinuous, and of the law of resistance in parallel channels". Proceedings of the Royal Society of London 35 (224–226): 84–99. 1883. Bibcode:1883RSPS...35...84R. doi:10.1098/rspl.1883.0018.
- "On the dynamical theory of incompressible viscous fluids and the determination of the criterion" (PDF). Proceedings of the Royal Society of London 56 (336–339): 40–45. 1894.
- Papers on mechanical and physical subjects. Vol 1. Cambridge. 1900.
- Papers on mechanical and physical subjects. Vol 2. Cambridge. 1901.
- Papers on mechanical and physical subjects. Vol 3. Cambridge. 1903.
- The Sub-Mechanics of the Universe (PDF). Cambridge. 1903.
- "On the dilatancy of media composed of rigid particles in contact. With experimental illustrations". Philosophical Magazine. Series 5 20 (127): 469–481. 1885. ISSN 1941-5982. doi:10.1080/14786448508627791.
- "On Certain Dimensional Properties of Matter in the Gaseous State. Part I. Experimental Researches on Thermal Transpiration of Gases through Porous Plates and on the Laws of Transpiration and Impulsion, Including an Experimental Proof That Gas is Not a Continuous Plenum. Part II. On an Extension of the Dynamical Theory of Gas, Which Includes the Stresses, Tangential and Normal, Caused by a Varying Condition of Gas, and Affords an Explanation of the Phenomena of Transpiration and Impulsion". Philosophical Transactions of the Royal Society of London 170: 727–845. 1879. ISSN 0261-0523. doi:10.1098/rstl.1879.0078.
- Memoir of James Prescott Joule. Cambridge University Press. 2011 [1892]. ISBN 978-1-108-02880-6.
Outros traballos
[editar | editar a fonte]Reynolds publicou arredor de setenta artigos de investigación sobre ciencia e enxeñaría. Cando ao final da súa vida se publicaron como colección, recompiláronse tres volumes. As áreas que cubrían ademais da dinámica de fluídos incluían a termodinámica, a teoría cinética dos gases, condensación de vapor, propulsión naval, freos hidráulicos, lubricación hidrodinámica e aparatos de laboratorio para mellorar a medida da equivalencia mecánica da calor de Joule.
Unha das materias que Reynolds estudou na década de 1880 foron as propiedades dos materiais granulares, incluíndo os materiais dilatante. En 1903, apareceu o seu libro de 250 páxinas The Sub-Mechanics of the Universe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Reynolds, Osborne (RNLS863O)". A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge (en inglés).
- ↑ Orixinal en inglés: "From my earliest recollection I have had an irresistible liking for mechanics and the physical laws on which mechanics as a science is based.... my attention drawn to various mechanical phenomena, for the explanation of which I discovered that a knowledge of mathematics was essential".
- ↑ 3,0 3,1 Osborne Reynolds – Scientist, Engineer and Pioneer
- ↑ 4,0 4,1 Davidson, Peter; Kaneda, Yukio; Moffatt, Keith; Sreenivasan, Katepalli (2011). A Voyage Through Turbulence. Cambridge University Press. p. 33. ISBN 9781139502047.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Osborne Reynolds |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Allen, Jack; McDowell, Donald Malcolm; Jackson, J. D. (1970). Osborne Reynolds and Engineering Science Today: Papers Presented at the Osborne Reynolds Centenary Symposium, University of Manchester, September 1968. Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-0376-9.
- Berthe, D.; Dowson, D.; Godet, M.; Taylor, C.M. (1987). Fluid Film Lubrication – Osborne Reynolds Centenary. Elsevier. ISBN 978-0-08-087575-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "Osborne Reynolds". MacTutor History of Mathematics archive, University of St Andrews.
- Reynolds the Engineer
- Reynolds the Scientist
- B. Launder – Osborne Reynolds (1842–1912) no YouTube