Saltar ao contido

Píldora dourada americana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Píldora dourada americana

Píllara dourada americana fotografada na Serra da Capelada.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Charadriidae
Xénero: Pluvialis
Especie: P. dominica
Nome binomial
Pluvialis dominica
(Müller, 1776)

A píldora dourada americana[2][3] (Pluvialis dominica) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Charadriidae.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]
Pluvialis dominica a punto de iniciar o voo.
Nótese a cor escura da plumaxe na zona posterior das axilas.

É unha ave de mediano tamano cun peso de 122-194 gramos, unha lonxitude de 23 a 30 cm e unha envergadura alar de entre 45,7 e 66 cm.[4] É moi semellante a outras dúas especies de píldoras de Eurasia e do Pacífico. A píldora dourada americana é mais pequena, mais delgada e ten as patas lixeiramente mais longas cá píldora dourada europea -Pluvialis apricaria-, que tamén se diferencia por ter as plumas axilares de cor branca. É moi semellante á píldora dourada siberiana -Pluvialis fulva- que noutros tempos eran consideradas da mesma especie.[5] A píldora dourada siberiana é mais delgada cá especie americana, ten un peteiro mais curto, as patas mais longas e a cor da súa plumaxe é polo xeral mais amarelo na súa parte posterior. Durante a tempada reprodutora estas tres especies amosan un marcado dimorfismo estacional no que amosan unha plumaxe moi parecida: partes inferiores negras e rostro negro beireado de branco, cun moteado amarelo no dorso e na parte superior das ás.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntanse, xeralmente guiadas pola súa aguda vista, de insectos, vermes, crustáceos e outros invertebrados. Para buscar o seu alimento frecuentan as pradarías, as praias e as chairas intermareais. Durante a época de cría tamén se alimentan de bagas na tundra ártica.[4]

Hábitat e reprodución

[editar | editar a fonte]
Niño descuberto con catro ovos.

Cría nas áreas secas da tundra ártica e inverna nas costas, marxais e, ás veces, en pradarías. Emigra a grandes distancias co potente voo das súas puntiagudas ás.

O hábitat reprodutivo da píldora dourada americana é a tundra ártica do norte do Canadá e Alasca. Fan os eu niño no chan, nunha zona aberta e enxoita. Son unha especie migratoria que pasa o inverno boreal no Uruguai, o sur do Brasil, sueste de Paraguai e norte da Arxentina.[6] Para isto seguen unha ruta de migración elíptica; as aves en voo cara ao norte pasan a través de América Central entre os meses de xaneiro e abril[7] e fan unha escala para alimentarse e descansar no interior dos Estados Unidos, nos estados de Indiana e Illinois.[8] No outono boreal, toman unha ruta mais ao leste, voando principalmente sobre a marxe oeste do océano Atlántico e do mar Caribe ás zonas de invernada nas chairas do curso medio e baixo dos ríos Paraná e Uruguai. É bastante habitual observar exemplares divagantes desta especie no oeste de Europa.[4]

Unha comparación das datas e padróns migratorios conduce á conclusión de que os mazaricos esquimós e as píldoras douradas americanas foron as aves costeiras que probablemente chamaron a atención de Cristovo Colón sobre da proximidade á terra firme na súa primeira viaxe en 1492, despois de 65 días no mar.[9]

  1. BirdLife International (2012). "Pluvialis dominica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 25 de maio 2011. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia]. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. 4,0 4,1 4,2 Cussen, Amber. "Animal Diversity Web". Pluvialis dominica - American golden plover. Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  5. Reviewed in Sangster et al. (2002).
  6. The Cornell Lab of Ornithology. "All about birds". American Golden-Plover. Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  7. Strewe & Navarro (2004), Herrera et al. (2006)
  8. Michael P., Ward; Thomas J., Benson; Tara A., Beveroth; Tyson R., Dallas; Jill L., Deppe; Mark G., Alessi; Benjamin J., O’Neal; Kirk W., Stodola (12 de febreiro de 2014). "Stopover ecology of American Golden-Plovers ( Pluvialis dominica )in Midwestern agricultural fields". The Condor 116: 162–172. doi:10.1650/CONDOR-13-114.1. 
  9. J.B. Gollop, T.W. Barry, & E.H. Iversen (1986). "Eskimo Curlew - A vanishing species? : The Eskimo Curlew's Year - Introduction to Oceanic Migration". Nature Saskatchewan & United States Geological Survey. Arquivado dende o orixinal o 20 de septembro de 2008. Consultado o 22 de decembro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy