Píllara semipalmada
Charadrius semipalmatus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Plumaxe da estación reprodutora, en Nunavut, Canadá | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Área de nidificación en amarelo, de migración en amarelo, de invernación en azul (no Caribe e pola costa)
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Charadrius hiaticula semipalmatus |
A píllara semipalmada (Charadrius semipalmatus) é unha pequena ave carádrida. Ten os pés parcialmente palmados, como indica o seu nome.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta especie pesa de 22 a 63 g e mide de 14 a 20 cm de lonxitude e de 35 a 56 cm de envergadura alar.[3] Os adultos teñen o dorso e as ás maróns agrisados, un ventre branco e un peito branco cunha banda negra. Ten a parte superior da cabeza negra, fronte branca e unha máscara negra arredor dos ollos e un bico curto laranxa con punta negra.
Hábitat
[editar | editar a fonte]O seu hábitat reprodutor son os chans abertos de praias ou chairas do norte do Canadá e Alasca. Aniñan no chan con pouca ou nula vexetación.
Son migratorias e invernan en áreas costeiras do sur dos Estados Unidos, o Caribe e gran parte de Suramérica. Son aves errantes extremadamente raras en Europa occidental, e atopáronse en Terra de Fogo e as illas de Scilly británicas.[4] O seu verdadeiro status pode quedar escurecido pola dificultade de identificalo sen confundilo coa moi similar píllara real de Eurasia, da cal anteriormente era considerada unha subespecie.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Aliméntase nas praias, chairas mareais e campos utilizando a vista. Come insectos, crustáceos e vermes. Lembra unha píllara rabirrubia (Charadrius vociferus) pero é moito menor e ten só unha banda no peito.[5] Como aniña no chan, usa unha exhibición de "á rota" para intentar enganar os intrusos e afastalos do niño, que é unha exhibición similar á que fai a emparentada píllara rabirrubia.[6]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Nas Illas Galápagos
-
Exhibición de "á rota"
-
Individuo xuvenil
-
Ilustración (de John James Audubon)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Charadrius semipalmatus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 99, 353. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), ISBN 978-0-8493-4258-5.
- ↑ Coomber, Richard (1991). "Charadriiformes: Plovers". Birds of the World. Godalming, Surrey: Colour Library Books Ltd. pp. 97–100. ISBN 0862838061.
- ↑ Kaufman, Kenn. (2000) Kaufman Field Guide to Birds of North America. New York: Houghton-Mifflin.
- ↑ University of Michigan Animal Diversity Web http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Charadrius_semipalmatus/
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Semipalmated plover |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Píllara semipalmada |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Semipalmated plover species account - Cornell Lab of Ornithology
- Semipalmated plover - Charadrius semipalmatus - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- Semipalmated plover, Environment Canada
- Vídeos, fotos, e sons de Semipalmated plover na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Semipalmated plover en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Charadrius semipalmatus en IUCN Red List maps