Saltar ao contido

Panait Istrati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPanait Istrati

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1884 Editar o valor en Wikidata
Brăila, Romanía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte16 de abril de 1935 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Bucarest, Romanía Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Bellu (pt) Traducir
Central cemetery of Chișinău (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa e ateísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, fotógrafo, pintor, novelista, xornalista, valet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Romanés Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoProsa Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioMarele Gorki din Balcani Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0411588 BNE: XX979284 Discogs: 4511351 Find a Grave: 21390149 Editar o valor en Wikidata


Panait Istrati ou Panaït Istrati, nado o 10 de agosto do 1884 e finado o 16 de abril do 1935, foi un escritor romanés de clase traballadora, alcumado "o Maxim Gorki dos balcáns". Está considerado o primeiro autor romanés en retratar a homosexualidade nos seus traballos.[1] Foi publicado en galego por Irmás Cartoné.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Istrati naceu en Brăila no 1884, fillo da lavandeira Joita Istrate e do comerciante de tabaco grego Georgios Valsamis, orixinario da vila de Faraklata (Cefalonia).[3][4] Estudou a primaria durante seis anos en Baldovinești, e logo traballou coma aprendiz nunha taberna, coma pasteleiro e coma vendedor ambulante.[3][5]

Comezou a escribir contra o 1906, enviando textos aos xornais socialistas do país. O seu primeiro artigo, Hotel Regina, foi publicado na Romnânia Muncitoare.[5] Nesta mesma revista aparecerían os seus primeiros relatos: Mântuitorul ("O redentor"), Calui lui Bălan ("O cabalo de Bălan"), Familia noastră ("A nosa familia") e 1 Mai ("O primeiro de maio").[5] Tamén sacou pezas noutros xornais de esquerdas, coma Dimineața, Adevărul e Viața Socială.[5]

No 1910, participou na organización dunha folga en Brăila.[5] Posteriormente, estivo en Bucarest, Istambul, O Cairo, Nápoles, París (1913-1914) e Suíza, onde permaneceu para intentar curar a súa tuberculose.[3][6] Estas viaxes víronse afectadas por dous matrimonios infelices, un breve regreso a Romanía no 1915 (durante o que sobreviviu coma granxeiro), e longos períodos de vagabundaxe.[3]

Durante a súa estancia en Suíza, trabou amizade co escritor sionista xudeu ruso-suízo Josué Jéhouda, quen lle ensinou francés.[3]

Empuxado pola miseria, a doenza e a depresión, intentou suicidarse no 1921 de camiño a Niza, pero foi rescatado a tempo.[3][4] Pouco tempo despois, tentou contactar co escritor francés Romain Rolland, a quen admiraba; este recibiu a súa misiva pola policía, e respondeulle de inmediato.[3][4][6] No 1923, Istrati publicou a novela Kyra Kyralina, cun prefacio do propio Rolland.[3][6] Trátase da primeira obra do ciclo de Adrien Zograffi.[6] Fascinado pola vida do romanés, Rolland instouno a escribir máis, e editouno en Clarté, a revista que posuía xunto con Henri Barbusse.[5] O seguinte libro de importancia de Istrati foi Codine.

Pamfil Șeicaru tildou a Istrati de "poeta miserento de cús desflorados", xa que Kyra Kyralina foi a primeira novela romanesa cunha personaxe homosexual.[1]

Relación co comunismo

[editar | editar a fonte]

Istrati compartiu os ideais esquerdistas de Rolland e, coma o seu mentor, tiña as súas esperanzas postas na visión bolxevique.[3] No 1927, visitou a Unión Soviética co gallo do aniversario da revolución de outubro, xunto con Christian Rakovsky, embaixador soviético en París.[3] Istrati viaxou por gran parte das rexións europeas do país, incluídas Moscova e Kíiv. En Moscova, coñeceu ao seu futuro amigo Nikos Kazantzakis; tamén tivo un encontro con Victor Serge, manifestando o seu desexo de converterse en cidadán soviético.[3] Istrati e Kazantzakis escribiron unha carta de felicitación a Iosif Stalin, quen nunca respondeu.

Entre o 1928 e o 1929, tras unha tumultuosa estadía en Grecia, durante a que mantivo encontros violentos coa policía, regresou á Unión Soviética.[3] Nesta ocasión, visitou tamén lugares máis remotos, como Moldavia (onde se encontrou coa súa amiga Ecaterina Arbore), Nizhnii Novgorod, Bakú e Batumi. A través destas experiencias, coñeceu os padecementos do réxime de Stalin, que serviron de base ao seu libro As confesións dun perdedor, sendo o primeiro dunha serie de intelectuais desencantados, coma Arthur Koestler ou André Gide.[3] Istrati foi vítima da persecución contra os vellos bolxeviques.

A partir de entón, sufriu unha crise de conciencia agravada polas acusacións de trotskista ou, incluso, fascista, proclamadas polos seus antigos amigos comunistas, o máis violento dos cales foi Henri Barbusse.[3] Rolland, pola súa banda, preferiu absterse da controversia. Istrati volveu a Romanía doente e desmoralizado e, tras tratar a tuberculose en Niza, asentouse en Bucarest.[3]

Últimos anos

[editar | editar a fonte]
Funeral de Panait Istrati (abril do 1935)

As opinións políticas de Istrati expresadas tras a súa ruptura co bolxevismo foron ambiguas. Seguiu vixiado pola policía secreta romanesa (Siguranța Statului) e, o 8 de abril do 1933, saíu do prelo un artigo seu na revista Les Nouvelles littéraires titulado L'homme qui n'adhère à rien ("O home que non se adhire a ren").

Ao mesmo tempo, comezou a publicar en Cruciada Românismului ("A cruzada do romanismo"), o xornal dunha escisión de tendencias esquerdistas da organización da ultradereitista Garda de Ferro.[4] Istrati estivo relacionado co líder deste grupo, Mihai Stelescu, elixido membro do parlamento pola Garda de Ferro no 1933, por cuxa disidencia foi brutalmente asasinado polo Decemviri no 1936.[7] O propio Istrati foi vítima de múltiples ataques.

Illado e desprotexido, Panait Istrati faleceu nun sanatorio de Bucarest no 1935.[3] Foi soterrado no cemiterio de Bellu.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Homosexualitatea în România: de la „Mandruli pederastu“, la corecţii fizice şi suicid de ruşine". adevarul.ro (en romanés). 2013-04-20. Consultado o 2024-02-24. 
  2. 2,0 2,1 "Kyra Kyralina, de Panait Istrati – Irmás Cartoné". Consultado o 2024-02-24. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 "Panait Istrati". The Modern Novel (en inglés). Consultado o 2024-02-24. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Panait Istrati - Biography". www.marxists.org. Consultado o 24-02-2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Panait Istrati - Ciulinii Baraganului, Mos Anghel, Chira Chiralina, Capitan Mavromati, Codin, Domnita din Snagov". www.panaitistrati.eu. Consultado o 2024-02-24. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Association des Amis de Panaït Istrati". Institut Mémoires de l’édition contemporaine (en francés). Consultado o 2024-02-24. 
  7. "Asasinarea lui Mihai Stelescu, criticată în „Cruciada Românismului”". historia.ro (en romanés). Consultado o 2024-02-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy