Saltar ao contido

Parque temático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Área temática de Francia no parque temático Europa-Park

Un parque temático defínese como un conxunto de espazos recreativos onde se reúnen atraccións mecánicas ou de divertimento ao redor dunha liña argumental específica deseñada para ofrecer entretemento, educación, lecer e cultura aos seus visitantes, e onde a temática da experiencia sitúase por riba da necesidade de entretemento tradicional.

Os parques temáticos divídense xeralmente en áreas inmersivas temáticas "terras" ou "áreas temáticas", e sempre contan cun eixo argumental onde cada zona do parque presenta unha temática ambiental que xorde de obras cinematográficas, como películas ou series, libros, períodos históricos, cuestións científicas, personaxes de sona ou baseadas en guións propios dos deseñadores do parque.[1]

O Disneyland Park é un dos parques temáticos máis famosos do mundo. Fundado en 1955 deseñou unha tematización centradas en personaxes que son propiedade intelectual da marca. En Bos Aires (Arxentina), desde 1999 funciona o parque temático relixioso Tierra Santa. Este establecemento invita a recrear a vida de Xesucristo e a pasear polas rúas da Xerusalén de hai uns dous mil anos.

A principal diferenza que distingue a un parque de atraccións ou unha feira con atraccións mecánicas, como por exemplo a Feira Popular de Lisboa, sería polo tanto os deseños, decorados e guión que tematizan a localización e que pivotan sobre un guión específico.

Calcúlase que 380 millóns de persoas visitaron os parques temáticos do mundo en 2023.[2]

Listaxe de Parques temáticos por país

[editar | editar a fonte]

Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

Países Baixos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Aprende lo que es un parque temático". Consultado o 13 de outubro de 2024. 
  2. "Parques Temáticos, una forma innovadora de desarrollar el turismo". Consultado o 13 de outubro de 2024. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy