Saltar ao contido

Perfil do solo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O perfil do solo é a exposición vertical de capas horizontais do solo, denominadas precisamente horizontes. Estes son o conxunto de calidades que lle son propias a un solo (textura, cor etc.). Nos solos pódense distinguir horizontes órganicos e minerais.

Horizontes

[editar | editar a fonte]

Nun solo ben desenvolvido podemos distinguir tres horizontes:

  • Horizonte A: é unha capa superficial (máximo de 0,5 metros de profundidade). Está constituído maioritariamente por materia orgánica, polo que é de cor escura; as partículas que o compoñen son moi finas. É unha capa moi porosa.
  • Horizonte B: é o subsolo (profundidade máxima de 1 metro). Está formado por produtos da alteración das rochas lindantes e recibe tamén o material orgánico e mineral do horizonte superior. A súa cor é parda ou avermellada pola presenza do óxido de ferro.
  • Horizonte C: é o máis profundo e está constituído por materiais separados do fondo rochoso. Está formado por cantos soltos nunha matriz de arxila e area, cada vez máis numerosas e de maior tamaño.

O perfil do solo está suxeito a tres procesos:

Todos estes procesos son importantes para a conservación dos solos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy