Saltar ao contido

Philippa Foot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPhilippa Foot
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Owston Ferry, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 2010 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSomerville College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoÉtica, Filosofía da mente, estética e filosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofa , ética , profesora universitaria , escritora Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeM. R. D. Foot (1945–1960), divorcio
PaisWilliam Sidney Bence Bosanquet (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Esther Cleveland Editar o valor en Wikidata
IrmánsMarion Frances Bosanquet (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Bosanquet-80 Find a Grave: 182515403 Editar o valor en Wikidata


Philippa Ruth Foot, nada co apelido Bosanquet en Lincolnshire o 3 de outubro de 1920 e finada en Londres, 3 de outubro de 2010,[1] foi unha filósofa británica, coñecida especialmente por ser unha das fundadoras da ética da virtude contemporánea, inspirada na ética aristotélica desde un punto de vista da filosofía analítica e unha forte influencia de Wittgenstein. O seu traballo foi fundamental para o rexurdir da ética normativa, competindo con outras teorías éticas máis populares como a deontolóxica ou o utilitarista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era neta do presidente estadounidense Stephen Grover Cleveland,[2] polo que a súa nai nacera na Casa Branca, como filla do presidente. Foi educada nunha familia acomodada xunto coa súa irmá Marion, coa que compartía o amor pola caza, que máis tarde serviría para construír metáforas para ilustrar as súas discusións filosóficas.

Estudou Filosofía, Política e Economía ('PPE') no Somerville College de Oxford entre 1939 e 1942. A súa estancia en Somerville foi interrompida de 1942 a 1947 durante a Segunda Guerra Mundial, prestando os seus servizos como economista ao goberno. Durante o resto da súa vida, foi profesora de Filosofía (1947–1950), Bolseira e titora (1950–1969), Investigadora principal (1969–1988) e Fellow Honorario (1988–2010). Alí pasou moitas horas debatendo con G. E. M. Anscombe e aprendendo dela sobre a filosofía analítica de Wittgenstein e unha nova perspectiva moral chegando a afirmar: "Aprendín todo dela".[3][4]

A súa obra cambiou de rumbo, con respecto ás súas posicións ocupadas nos anos 50 e 60, ao tentar modernizar a teoría aristotélica, adaptándoa ao mundo contemporáneo e compatibilizándoa con outras teorías modernas como a deontolóxica e a ética utilitarista. Cuestionou "a ortodoxia do pensamento" de Alfred Jules Ayer e Richard Hare e foi unha das pioneiras da ética da virtude. Algúns dos seus traballos foron cruciais para o rexurdimento da ética normativa dentro da filosofía analítica, especialmente a súa crítica ao consecuencialismo (un exemplo familiar diso é a súa discusión continuada sobre o chamado "dilema do carro").

Os seus traballos xiran arredor da ética, e cuestiona temas como o aborto, a eutanasia, a liberdade de vontade, a obxectividade e racionalidade da moral, a virtude e os vicios, a crítica ao utilitarismo e varios dilemas morais.[5]

  1. "Philippa Foot obituary". The Guardian. 5 de octubre de 2010. 
  2. O'Grady, Jane. "Philippa Foot obituary". Consultado o 14 de noviembre de 2017. 
  3. J.B. Lipscomb,, Benjamin (2023-06-28). "The Women Are up to Something. How Elizabeth Anscombe, Philippa Foot, Mary Midgley, and Iris Murdoch Revolutionized Ethics": 99–107. ISSN 1870-4905. doi:10.22201/iifs.18704905e.2023.1430. 
  4. Zalta, Edward N. (ed.). Philippa Foot. 
  5. Foot, Philippa (1967). "The Problem of Abortion and the Doctrine of the Double Effect" (PDF). Oxford Review (en inglés) (5): 8. Consultado o 30/12/18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy