Saltar ao contido

Pirámide curvada


Pirámide curvada

A pirámide curvada ou pirámide sur de Dahshur, é un monumento funerario ou mausoleo construído por orde do faraón Snefru en Dahshur, Exipto.

Características

[editar | editar a fonte]

Estímase que a súa forma particular é unha tentativa errada de pirámide de caras lisas[Cómpre referencia], a última fase da evolución das pirámides exipcias. Posúe numerosas particularidades e aseméllase en moitos puntos á pirámide erixida polo fillo e sucesor de Seneferu, Jufu, coñecido comunmente como Queops[Cómpre referencia].

Entre as súas características resalta o feito de que unha das súas dúas entradas non está situada sobre a fachada setentrional, feito único no Imperio Antigo[Cómpre referencia]. Así mesmo, é salientábel tamén o feito de que a pirámide conserva aínda a maior parte do seu recubrimento, o que a converte na pirámide que actualmente está mellor conservada de todo Exipto. No seu interior atópase unha bóveda falsa con apoio nas catro paredes. O complexo funerario revela vestixios dun impoñente templo cuxa rica ornamentación o distingue dos outros monumentos da cuarta dinastía.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy