Saltar ao contido

Galiña de río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pita de auga»)
Galiña de río

Gallinula chloropus chloropus


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Rallidae
Xénero: Gallinula
Especie: G. chloropus
Nome binomial
Gallinula chloropus
(Linné, 1758)

G. chloropus
Gallinula chloropus

A galiña de río (Gallinula chloropus (Linné, 1758))[2], tamén chamada galiñola,[3] galiña de auga, pita de auga ou pita de río,[4] é unha especie de ave gruiforme da familia Rallidae que habita en Eurasia e África. Non se debe confundir coa especie: Porzana pusilla.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A galiña de río común mide aproximadamente 37 cm de longo. Presenta un escudo facial vermello, faixas brancas nos flancos, plumaxe negra e patas amarelas. Os individuos inmaturos son de cor castaña escura co abdome máis claro, sen o escudo facial vermello.

Aliméntase dunha gran variedade de material vexetal, alén de pequenos animais acuáticos. Frecuenta lagos, lagoas, canles, pantanos e tamén lagunas salobres. É ave migratoria, marchando para o norte durante o inverno austral.

O niño é unha cesta cuberta construída no chan entre vexetación densa. A femia deposita entre 8 e 12 ovos. Pode haber unha segunda niñada no ano, composta entre 5 e 8 ovos. A incubación dura aproximadamente tres semanas e realízana ambos pais.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Amplamente distribuída no mundo, existen aproximadamente 12 subespecies, ademais de dous representantes do Plioceno Superior de América do Norte:

Exemplares inmaturos.
  • G. c. pauxilla (Bangs, 1915): das planicies do leste do Panamá ao nordeste do Perú.
  • G. c. guami (Hartert, 1917): endémica do nordés das Illas Marianas.
  • G. c. barbadensis (Bond, 1954): endémica de Barbados.
  1. BirdLife International. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Nome en galego en Guía das aves de Galicia, A Coruña, Baía Edicións, 1991 e Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galiñola.
  5. "Rails, Crakes & Coots". IOC World Bird List (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2011. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy