Saltar ao contido

Prosodia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A prosodia é unha rama da lingüística que analiza e representa formalmente aqueles elementos da expresión oral, tales como o acento, os tons e a entoación.

Introdución

[editar | editar a fonte]

A prosodia trata a manifestación concreta na produción das palabras. Desde o punto de vista fonético-acústico, os parámetros prosódicos físicos son a variación da frecuencia fundamental, a duración e a intensidade. A prosodia pode dividirse en dous aspectos:

  • O primeiro considera aspectos suprasegmentais, isto é, que trata a entoación da frase no seu conxunto.
  • O segundo controla a melodía, fenómenos locais de coarticulación, acentuación.

A prosodia xerábase mediante sistemas baseados en regras, obtidas a partir de estudos lingüísticos e retocadas empiricamente até conseguir unha fala sintética aceptábel. Actualmente comezan a se utilizar métodos estatísticos sobre bases de datos para xerar automaticamente modelos prosódicos.

Modelos prosódicos

[editar | editar a fonte]

Na xeración de modelos prosódicos pódense observar catro características básicas:

A entoación é basicamente a evolución da frecuencia fundamental, mentres que o ritmo inclúe tanto as duracions de cada un dos signos de síntese como a localización e duración das pausas.

As variábeis tipicamente utilizadas na análise da prosodia son, por exemplo, o tipo de oración, a duración temporal, o número de sílabas do grupo entoativo, a distancia á última sílaba acentuada, a categoría gramatical da palabra etc. As variábeis útiles son diferentes para cada modelo (entoación, duración ou pausas) e, en xeral, poden ser numéricas ou simbólicas. Os patróns entoativos teñen carácter suprasegmental, isto é, que lle afectan globalmente a un grupo entoativo en lugar de o facer particularmente sobre cada unidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy