Saltar ao contido

Prudencio Landín Tobío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPrudencio Landín Tobío

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1877 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de maio de 1955 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, avogado, político, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosPrudencio Landín Carrasco, Amancio Landín Carrasco, Rafael Landín Carrasco Editar o valor en Wikidata
PaiAndrés Landín Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 36614 BNE: XX1310297 BUSC: landin-tobio-prudencio-1877-1955

Prudencio Landín Tobío, nado en Pontevedra o 6 de marzo de 1877 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 1955, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Andrés Landín (un "riestrista" e "monterista" moi destacado) e Dolores Tobío, estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Dirixiu o periódico estudantil El Escolar (1891) e fundou e dirixiu as revistas Pontevedra en Broma e El Impertinente. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e estableceuse con bufete propio en Pontevedra. En 1910, logo da morte do seu pai, substituíuno á fronte do Diario de Pontevedra. Foi profesor e director da Escola Normal.

Entrou en contacto con José Canalejas militando na súa facción liberal-demócrata a comezos do século XX. Como canalejista, vinculouse ao agrarismo e serviu como avogado ao Directorio Antiforista de Teis, salientando como orador nas concentracións agrarias. Pero a súa carreira política truncouse debido aos cambios de rumbo ideolóxico: foi liberal pero estivo ao servizo de Canalejas, Eugenio Montero Ríos, José Riestra López ou Manuel García Prieto. Na ditadura de Primo de Rivera formou parte da Unión Patriótica. Na II República foi o principal representante do Partido Agrario Español en Galicia. Na posguerra foi cronista de Pontevedra.

La paternidad de La Casa de la Troya.
  • La parternidad de La casa de la Troya ante los tribunales de justicia, 1925.
  • De mi viejo carnet, 1952.
Lápida no Cemiterio de Santo Amaro.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Gloria Carrasco Calderón, e dous dos seus fillos (Rafael e Prudencio Landín Carrasco) foron gobernadores civís no franquismo. Outro dos seus fillos, Amancio Landín Carrasco, destacou como xornalista e escritor.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy