Saltar ao contido

Río Pite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Pite
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaCondado de Norrbotten, Suecia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónAlpes Escandinavos Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónBaía de Botnia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 66°54′38″N 16°49′02″L / 66.91068, 16.817093
65°21′52″N 21°19′22″L / 65.364404, 21.322746
Afluentes
Conca hidrográficaQ124568243 Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións400 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica11.285 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal160 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Pite (en sueco: Pite älv ou Piteå älv, ou coloquialmente, Pite älven) é un río sueco da rexión de Norrland, que discorre polo norte do país e desemboca no golfo de Botnia. Ten unha lonxitude aproximada de 400 km e drena unha conca de 11.200 km² (similar a países como Qatar, Gambia ou Xamaica).

Xeografía

[editar | editar a fonte]
A zona de rápidos de Storforsen (novembro de 2005).
O río en Vidsel.
Ponte sobre o río Pite (agosto de 2004).
Ponte sobre o río Pite (agosto de 2004).

O río Pite nace preto da fronteira de Noruega, nos Alpes Escandinavos, na parte suroccidental da provincia de Norrbotten. Discorre en dirección sueste atravesando a rexión da Laponia sueca. Pasa por algún dos grandes lagos orientais de Suecia, como Tjeggelvas, Vuolvojaure e Labbas, no municipio de Jokkmokk. Desemboca na costa oriental, no golfo de Botnia, no municipio de Piteå. Atravesa as localidades de Älvsbyn (5.042 hab. en 2005) e na desembocadura, Piteå (22.650 hab. en 2005).

Os seus principais afluentes son os ríos Abmoälven (80 km), Varjisån (80 km), Vistån e Lillpiteälven (90 km).

A súa maior caída de auga denomínase Storforsen, que cun caudal medio de 250 m³/s, é unha das zonas de rápidos máis caudalosas de Europa (no verán alcanza os 870 m³/s e en 1995 chegou aos 1.200 m³/s). Converteuse nun dos destinos turísticos máis populares de Norrbotten, e atópase concretamente no municipio de Älvsbyn.

O río Pite é un dos catro grandes ríos de Norrland. É o quinto río en lonxitude do condado de Norrbotten, tras o río Torne (522 km), o río Lule (con 460,81 km), o río Kalix (con 460,65 km) e o río Skellefte (con 410 km).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Universidade de Gotemburgo, ed. (2019). "Piteälven". Enciclopedia Nacional Sueca (en sueco). Gotemburgo. 
  • Harlén, Hans; Eivy Harlén (2003). "Kalix älv". En Kommentus. Sverige från A till Ö. Geografisk-historisk uppslagsbok (Suecia do A ao Ö) (en sueco). Estocolmo. p. 583. ISBN 91-7345-139-8. 
  • Wedsberg, Malin (1995). Almqvist & Wiksell, ed. Sveriges landskap (Provincias de Suecia) (en sueco). Estocolmo. ISBN 91-21-14445-1. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy