RMS Mauretania
RMS Mauretania | |
---|---|
O Mauretania no ano 1933. | |
Historial | |
Estaleiro | Swan Hunter & Wigham Richardson, Wallsend Reino Unido |
Tipo | transatlántico |
Operador | Cunard Line |
Porto de rexistro | Liverpool Reino Unido |
Posta en grella | 1904 |
Botado | 20 de setembro de 1906 |
Viaxe inaugural | 16 de novembro de 1907 |
Baixa | Setembro de 1934 |
Destino | Despezado en Rosyth, Escocia |
Características xerais | |
Desprazamento | 31.938 t de tonelaxe |
Eslora | 240,8 m |
Manga | 26,8 m |
Propulsión | 4 hélices de pa cuádrupla (as hélices laterais de 3 pas orixinais foron substituídas en 1908 por unhas de 4 pas) |
Potencia | 68.000 cabalos ao eixo, máis tarde aumentada a 90.000 cabalos ao eixo. |
Velocidade | 25 nós (46 km/h) |
Tripulación | 802 |
Capacidade | 2165 pasaxeiros en total:
1ª clase: 563 2ª clase: 464 3ª clase: 1138 |
O RMS Mauretania (tamén coñecido como “Maury”), foi un transatlántico británico da Cunard Line que operou entre 1907 e 1935 na ruta atlántica entre Southampton e Nova York amarrando no famoso peirao 54, terminal da Cunard Line.
Historia
[editar | editar a fonte]O RMS Mauretania foi construído polos estaleiros Swan Hunter & Wigham Richardson en Wallsend, Tyne e Wear.
Foi botado en setembro de 1906, xemelgo do RMS Lusitania. Diferenciábase destoutro no deseño dos seus ventiladores e no castelo de proa (que era máis longo superando en case un metro a eslora do Lusitania), entre outros detalles.
Navegou por primeira vez o 16 de novembro de 1907. Naquel momento, xunto co Lusitania, eran os barcos de pasaxeiros máis grandes, luxosos e rápidos do mundo. O seu deseño marcou tendencias e serviu máis tarde para inspirar os enxeñeiros navais en superalo nos seus proxectos para navieiras competidoras. O seu sistema de propulsión, a turbina de vapor, foi un invento revolucionario posto en funcionamento na tecnoloxía dos transatlánticos.
O Mauretania converteuse no favorito dos pasaxeiros a causa do seu luxo, velocidade e seguridade que o navío proporcionaba.
Durante a primeira guerra mundial foi requisado polo almirantado británico e serviu como transporte militar e buque hospital.
Gañou a prezada Banda Azul en 1920 no sentido Oeste; séndolle arrebatada polo SS Bremen en 1929.
A comezos dos anos 1930, provocado pola chamada Gran Depresión do 1930, os seus servizos decaeron proporcionalmente co seu envellecemento, sendo destinado a augas mediterráneas, ocasionalmente foi pintado de cor branca.
Foi retirado en 1934 e despezado en 1935, tras case 27 anos de servizo. A súa prolongada traxectoria marcou un fito na historia dos navíos de liña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: RMS Mauretania |