Saltar ao contido

RT-2UTTH Topol M

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RT-2UTTH Topol M
OrixeRusia
Usado porForça Estratégica de Mísseis
FabricanteVotkinsk Machine Building Plant
editar datos en Wikidata ]

O RT-2UTTH "Topol M" e o máis recente mísil balístico intercontinental despregado por Rusia, e o primeiro que desenvolve trala disolución da Unión Soviética. No código da OTAN, leva o nome de SS-27 "Topol" (lamigueiro en ruso).

  • Entrada en servizo: 1997
  • Lonxitude: 21,9 m
  • Diámetro máximo: 1,9 m
  • Número de etapas: 3
  • Autonomía: 11.000 - 11.500 km
  • Masa na engalaxe: 41,7 t

Este mísil de combustible sólido, pode transportar dunha a seis testas de guerra cunha carga de pago de entre 1 e 1,2 t.

O seu desenvolvemento comezou a finais dos 1980, en 1994 realizou a súa primeira proba de voo e en decembro de 1997 comezou o seu despregamento en silos de SS-19 modificados. É producido polo Instituto de Tecnoloxía Termal de Moscova. En decembro de 2005 despregaran 42 unidades deste modelo.

Unha versión submarina está sendo desenvolvida (Bulava), co código OTAN SS-NX-30.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy