Saltar ao contido

Rand surafricano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rand surafricano
South African Rand (inglés)
Suid-Afrikaanse rand (afrikaans)
Código:ZAR
Ámbito: Suráfrica

Lesotho (xunto co Loti)
Namibia (xunto do dólar namibio)
Eswatini (xunto co Lilangeni)

Zimbabwe (xunto co dólar cimbabuense e outras divisas)
Símbolo:R
Fracción:100 (cents)
Moedas:5, 10, 20 e 50 c
1, 2 e 5 R
Billetes:10, 20, 50, 100 e 200 R
Emisor:Banco de Reserva de Suráfrica
Taxa de troco:
17-06-2016
1 EUR = 17,12 ZAR
1 USD = 15,20 ZAR
Troco actual

O rand (código ISO 4217: ZAR) é a moeda de curso legal de Suráfrica. Toma o seu nome dos Witwatersrand (Cerros de Augas Brancas en afrikaans), unha elevación sobre a que está asentada a cidade de Johannesburgo, e onde se acharon os maiores xacementos de ouro en Suráfrica.

O rand tamén circula nos países veciños de Namibia, Eswatini e Lesotho, integrantes da Área Monetaria Común. Tamén circula en Zimbabwe xunto a outras moitas divisas debido á hiperdevaluación que sufriu a súa moeda nacional.

O rand introduciuse en 1961 coa fundación da República Surafricana. Substituíu a libra surafricana cunha taxa de troco de 2 ZAR = 1 £ = 10 xilins.

Breve historia do tipo de troco

[editar | editar a fonte]

Dende o momento da introdución do rand en 1961, e ata 1982, a moeda surafricana tiña un valor superior ao do dólar, porén o seu valor comezou a diminuír debido á presión internacional, xunto con sancións contra o país provocadas pola política surafricana do apartheid. A primeira vez que o rand rompeu a súa paridade co dólar foi en marzo de 1982, que continuou cambiándose entre 1 e 1,30 ZAR por dólar ata xuño, momento no que a depreciación gañou forza. En febreiro de 1985 o rand cotizábase a 2 ZAR = 1 USD e en xullo do mesmo ano o troco de divisas estranxeiras prohibiuse durante tres días para impedir unha maior depreciación.

Cando o Presidente Pieter Willem Botha deu o seu discurso o 15 de agosto de 1985, o troco reducírase a R2,40 por dólar. A moeda recuperouse algo entre 198688, cotizando cerca do nivel dos R2 a meirande parte do tempo e ata superando o devandito nivel esporadicamente. A recuperación foi con todo efémera e cara a finais de 1989 o rand cotizaba en niveis de máis de R2,50 por dólar.

A principios dos anos '90 o sentimento de que a maioría da poboación negra tería certa participación na vida política e se anunciarían reformas nese aspecto, a incerteza sobre o futuro do país apresurou a depreciación ata que o nivel de R3 por dólar foi traspasado en novembro de 1992. Un sen fin de acontecementos locais e internacionais influíron logo sobre o tipo de troco, como as eleccións democráticas de 1994 que o viron debilitarse a R3,60 por dólar, a elección de Tito Mboweni coma o novo gobernador do Banco da Reserva Surafricana e a asunción do Presidente Thabo Mbeki en 1999 que o viu depreciarse sobre R6 por dólar. O polémico programa de reformas agrarias que se iniciou en Zimbabwe, seguido dos ataques do 11 de setembro de 2001, propulsaron o rand ao seu nivel histórico máis feble de R13,84 por dólar en decembro de 2001.

Esta depreciación repentina en 2001 levou a unha investigación formal, que pola súa parte conduciu a unha espectacular recuperación. Cara a finais de 2002, a moeda cotizaba por debaixo dos R9 por dólar outra vez, e a finais de 2004 cotizaba por debaixo dos R5,70. A moeda depreciouse un tanto en 2005, e cotizaba arredor de R6,35 por dólar a finais de ano. Porén a principios de 2006, a moeda retomou a súa recuperación, e dende o 19 de xaneiro de 2006 cotizaba por debaixo de R6 por dólar outra vez.

Moedas e billetes

[editar | editar a fonte]
Antigos billetes e moedas de rand.

Emitidos polo Banco de Reserva de Suráfrica (en inglés South African Reserve Bank, en afrikaans Suid-Afrikaanse Reserwebank, en zulú LiBhangi leSilulu leNingizimu Afrika, en xhosa IBhanki Enguvimba yoMzantsi Afrika etc.), hai en circulación moedas de 5, 10, 20 e 50 céntimos e de 1, 2 e 5 rands, e billetes de 10, 20, 50, 100 e 200 rands. Os novos billetes levan inscricións nas once linguas oficiais surafricanas: afrikaans, inglés, ndebele do sur, sesotho do note, sesotho, swazi, tsonga, tswana, venda, xhosa e zulú.

Taxas de troco

[editar | editar a fonte]
  • 1 EUR = 15,30 ZAR (2015-09-09).
  • 1 USD = 13,70 ZAR (2015-09-09).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy