Referendos sobre o status político de Donetsk e Luhansk de 2014
Referendos sobre o status político de Donetsk e Luhansk de 2014 | |
---|---|
Data | 11 de maio de 2014 |
Tipo | artigo de listas da Wikimedia |
Parte de | Crise en Ucraína de 2013-2014 |
Resultado da votación | |
Os referendos sobre o status políticos dos oblast’s de Donetsk e Luhansk, partes da rexión do Donbás, en Ucraína, celebráronse o 11 de maio de 2014 en varias vilas baixo o control de Rusia nas repúblicas de Donetsk e Luhansk.[1][2] Estes referendos pretenderon lexitimar o estabelecemento das chamadas "repúblicas", no contexto da invasión rusa de Crimea e os protestas prorrusas tras a revolución ucraína de 2014.[2] Ademais, celebrouse un contrareferendo sobre a adhesión ao Óblast de Dnipropetrovsk de partes das provincias de Donetsk e Luhansk controladas por Ucraína.[3][4][5]
Os observadores independentes informaron de moitas irregularidades e os resultados dos referendos separatistas non foron recoñecidos oficialmente por ningún goberno, incluídos os de Ucraína, os Estados Unidos e os países da Unión Europea.[6] O goberno ucraíno dixo que o referendo era ilegal, e unha serie de nacións, como Alemaña, Estados Unidos, Francia e o Reino Unido, dixeron que o referendo era inconstitucional e carecía de lexitimidade. O goberno ruso expresou "respecto" polos resultados e instou a unha implementación "civilizada" e, posteriormente, anunciou o recoñecemento das repúblicas o 21 de febreiro de 2022, converténdose no primeiro estado membro da ONU en facelo.[7][8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "East Ukraine separatists seek union with Russia". BBC News. 12 de maio de 2014. Consultado o 12 de maio de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 "Pro-Russian activists in Donetsk prepare referendum for May 11". Kyiv Post. 16 de abril de 2014. Consultado o 10 de maio de 2014.
- ↑ "The Other Referendum in Eastern Ukraine". atlanticcouncil.org. Atlantic Council. 12 de maio de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Семь сельсоветов Донетчины просят присоединить их к Днепропетровской области : Новости УНИАН". Ukrainian Independent Information Agency. 22 de abril de 2014. Consultado o 3 de maio de 2014.
- ↑ На референдум за единство Донбасса с Украиной пришло уже полтора миллиона избирателей : Новости УНИАН (en ruso). Ukrainian Independent Information Agency. Consultado o 14 de maio de 2014.
- ↑ "Russia Keeps Its Distance After Ukraine Secession Referendums". The New York Times. 12 de maio de 2014. Consultado o 13 de maio de 2014.
- ↑ "Russia Calls for "Civilized Implementation" of East Ukraine Referendum Results". The Wall Street Journal. 12 de maio de 2014. Consultado o 12 de maio de 2014.
- ↑ "Russia recognises Ukraine separatist regions as independent states". BBC News. 21 de febreiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2022. Consultado o 21 de febreiro de 2022.
- ↑ Wamsley, Laurel (2022-02-21). "Putin recognizes breakaway regions' independence from Ukraine, raising attack fears". NPR. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2022. Consultado o 21 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ucraína |