Saltar ao contido

Reino de Polonia (1916-1918)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Polonia
Królestwo Polskie (pl)
Königreich Polen (de) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
CapitalVarsovia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua alemá
lingua polaca Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1916 Editar o valor en Wikidata
Disolución1918 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porSegunda República Polaca Editar o valor en Wikidata
Evento clave
5 de novembro de 1916Act of 5th November (en) Traducir
3 de marzo de 1918Tratado de Brest-Litovsk
11 de novembro de 1918Armistício de Compiègne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorexente
monarquía Editar o valor en Wikidata
Membro de
MoedaPolish marka (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

O Reino de Polonia, tamén coñecido informalmente como Reino da Rexencia de Polonia (en polaco: Królestwo Polskie), foi un estado proposto por unha lei do 5 de novembro de 1916, emitida polo Imperio Alemán e o Imperio Austrohúngaro en plena primeira guerra mundial. O proxecto de ambas potencias era utilizar o antigo territorio ruso do Vístula comunmente chamado Polonia Rusa máis coñecido oficialmente como "Territorios do Vístula" (en ruso:Privislinsky Krai, para evitar o uso da palabra "Polonia"); este territorio sería empregado para fundar un Estado Polaco sobre as zonas que as tropas alemás arrebataran ós rusos durante as campañas bélicas, e que correspondían a unha gran parte da Polonia rusa gobernada pola administración militar alemá coñecida como Ober-Ost.

As fronteiras do novo Estado Polaco non estaban definidas en 1916 mais estaba claro que funcionaría como un Estado fantoche do Imperio Alemán. A proposta nunca gañou moito apoio en Alemaña e o obxectivo real era ter un exército de soldados polacos que loitaran por as Potencias Centrais.

Rexentes do Reino (1916-1918)

[editar | editar a fonte]
O "Consello de Rexencia Polaco" en Varsovia: (de esquerda a dereita): Ostrowski, arcebispo Kakowski, príncipe Lubomirski

O Consello de Rexencia nunca logrou elixir un novo monarca e nunca adquiriu moita importancia xa que os seus movementos foron inhabilitados polo Gobernador Xeral Alemán, Hans Hartwig von Beseler; de feito tras o Tratado de Brest-Litovsk en febreiro de 1918, a administración militar do Ober-Ost volveu a obter o poder e autoridade pois a paz con Rusia eliminaba un motivo principal dos alemáns para crear un estado fantoche en Polonia, debilitando o proxecto do "Reino Polaco". Porén o 11 de novembro de 1918, ó facerse efectivo o armisticio de Alemaña coa Tripla Entente, e tras estoupar a Revolución de Novembro en Alemaña, os soldados xermanos desmobilizáronse para volver ás súas casas e o impotente Consello de Rexencia cedeu todas as responsabilidades ós independentistas polacos dirixidos por Józef Połsudski. Sen o apoio popular polaco e sen sostemento das tropas alemás, a Rexencia de Polonia disolveuse oficialmente tres días máis trade, aínda que as súas tropas e aparato administrativo puideron en parte ser empregados como solución de emerxencia para dirixir os primeiros meses da Segunda República Polaca.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy