Saltar ao contido

República Popular de Crimea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública Popular de Crimea
Qırım Halq Cumhuriyeti (crh) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Himnohimno nacional Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°45′10″N 33°51′39″L / 44.752778, 33.860833
CapitalBajchisarai (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación749.800 Editar o valor en Wikidata (27,92 hab./km²)
Lingua oficialLingua tártara de Crimea Editar o valor en Wikidata
RelixiónEstado laico Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie26.860 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación13 de decembro de 1917 Editar o valor en Wikidata
Disoluciónxaneiro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública
República parlamentaria Editar o valor en Wikidata

A República Popular de Crimea (en tártaro de Crimea: Qırım Halq Cumhuriyeti) foi unha república que existiu dende decembro de 1917 a xaneiro de 1918 na península de Crimea, localizada no sur da actual Ucraína. Esta república foi o primeiro intento no mundo musulmán de establecer un Estado secular (véxase tamén República Democrática de Azerbaidján). Na súa fundación, a República Popular de Crimea era un dos moitos intentos pasaxeiros de crear novos estados despois de que a Revolución rusa de 1917 causara o derrubamento do Imperio ruso.

A República Popular de Crimea foi declarada por iniciativa do Qurultay dos tártaros de Crimea, que estipulaba a igualdade de todas as etnias dentro da península; a maioría das persoas que vivían na Crimea do tempo eran rusos (compoñendo un 42 % da poboación da Crimea) ou ucraínos (11 %).[1] Porén os tártaros de Crimea foron durante algún tempo a forza política e cultural dominante sobre a península. Noman Çelebicihan foi o primeiro e único presidente da república.

O Qurultay consistía en 76 delegados, catro dos cales eran mulleres (Efika Gasprinskaya, Anife Bdaninskaya, Ilhan Tohtar e Hatice Avcı). Os delegados eran elixidos de cinco condados: Ialta (24), Akmescit (19), Keffe (16), Kezlev (11), e Orkapi (6).

Os bolxeviques estableceron a RSS da Tavria sobre o territorio de Crimea a principios de 1918 antes de que a zona fose invadida polas forzas da República Popular de Ucraína e do Imperio alemán. Algúns funcionarios do goberno nacional como Cafer Seydahmet Kırımer, que conseguira escapar do terror do bolxevismo, buscaban asilo político en Kíiv e facían unha petición de axuda militar do Exército ucraíno.

  • Presidente e ministro de Xustiza - Noman Çelebicihan
  • Ministro de Defensa - Cafer Seydahmet Kırımer
  • Ministro de Educación - Ahmet Özenbaşlı
  • Ministro de Finanzas - Seyitcelil Hattat
  • Ministro de Relixión - Ahmet Şükrü
  1. Magocsi, Paul Robert (2007). Ukraine: An Illustrated History. Seattle: University of Washington Press. p. 238. ISBN 0-295-98723-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy