Saltar ao contido

Rexión de Mykolaiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación da rexión de Mykolaiv en Ucraína.

A rexión de Mykolaiv (en ucraíno Миколаївська область) é unha rexión (oblast) do suroeste de Ucraína, con capital na cidade de Mykolaiv.

Ten unha superficie de 24.585 km², abarcando o 4% do territorio do país. A súa poboación alcanzaba en 2013 os 1.126.148 habitantes, cerca do 3% da poboación do país.

Os principais ríos que a atravesan son o Bug Meridional e o Ingul.

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]
Distritos da rexión.

A rexión de Mykolaiv está dividida en 19 distritos (s. район, "raion", pl. райони, raiony, subdivisión administrativa similar ás comarcas galegas) e 1 cidade que non dependen de ningún distrito, senón directamente da rexión - Mykolaiv.

Composición da poboación

[editar | editar a fonte]

Demograficamente a rexión é considerada un enclave multiétnico:[1]

Nestas terras viviron escitas, sármatas, romanos, godos, rus de Kíiv, hunos, mongois, tártaros, gagauz, turcos etc. Os pobos turcos, como os tártaros, gagauz e turcos, legaron moitos dos topónimos da metade sur da rexión.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy