Ricardo I de Normandía
Ricardo I de Normandía, nado en 933 e finado o 20 de novembro de 996, chamado Ricardo sen Medo (en francés: Sans Peur), foi duque de Normandía desde o asasinato do seu pai Guillerme Espada Longa en 942 ata a súa morte en 996.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Ricardo era fillo de Guillerme I de Normandía e da súa muller Sprota.
Rolón | ||||||||||||||||
Guillerme I de Normandía | ||||||||||||||||
Poppa de Bayeux | ||||||||||||||||
Ricardo I de Normandía | ||||||||||||||||
Sprota | ||||||||||||||||
Ricardo casou no 960 con Emma, a filla de Hugo de París, coa que estaba prometida desde que ambos eran moi novos. Emma morreu sen descendencia no 968.
Segundo o cronista Roberto de Torigni, pouco despois da morte de Emma, o duque Ricardo se detivo a descansar na casa dun gardabosques durante unha cacería e namorouse da súa muller. Pero dado que a muller era virtuosa, non quixo ceder ás proposicións de Ricardo e suxeriulle que o intentase coa súa irmá solteira, Gunnora. Gunnora converteuse na concubina do Duque e máis tarde casaron para que os fillos da parella fosen lexitimados. Entre os fillos da parella estaban:
- Ricardo o Bo (? -1026), que o había suceder á fronte do Ducado.
- Roberto (965-1037) converteríase en arcebispo de Rouen, o conde de Evreux.
- Mauger, converteríase no conde de Corbeil.
- Emma (v. 985-1052), sería a muller de dous reis de Inglaterra.
- Matilde, casaría co conde Eudes II de Blois.
- Hawise, casada con Godofredo I da Bretaña.
Reinado
[editar | editar a fonte]En 942 o seu pai morreu asasinado polos homes do seu rival Arnulfo de Flandres. Ricardo aínda era un neno e non puido evitar que Lois IV de Francia tomase Normandía e o retivese en Laon. Da súa prisión foi liberado por nobres normandos, entre os que estaba Osmundo de Centville (que fora compañeiro de armas do seu avó Rolón). En 968 aliouse co inimigo declarado do rei Lois IV, o conde Hugo de París, e coa axuda dos normandos e viquingos do rei Harold de Dinamarca expulsaron a Lois de Normandía.
Máis tarde enfrontouse ao rei Etelred de Inglaterra, que se queixou de que Normandía mercase gran parte dos botíns que os viquingos saqueaban aos ingleses.
Ricardo era bilingüe, pero favoreceu máis os intereses dos seus vasalos de orixe escandinava que os francos. Non obstante, durante o seu reino Normandía completou o proceso de galicización e cristianización, e a estrutura feudal reforzouse. Tamén reorganizou o exército normando, baseándoo na cabalería pesada. Á morte do conde Hugo de París en 956 converteuse no gardián do seu fillo Hugo Capeto, que se convertería en rei de Francia coa súa axuda[1].
Morreu aos 63 anos en Fécamp en 996, e foi sucedido polo seu fillo Ricardo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Enciclopèdia Catalana: Ricard I de Normandia Arquivado 03 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (accés el 20-12-09)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ricardo I de Normandía |