Robert Kovač
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1974 (50 anos) Berlín Oeste, Zonas ocupadas pelos Aliados na Alemanha | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 186 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1991 - 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Croacia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga e 2. Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 2008 | Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Mundial de Fútbol Alemaña 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002 | Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Niko Kovač | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Robert Kovač, nado en Berlín (Alemaña) o 6 de abril de 1974, é un exfutbolista croata. Xogaba de defensa central, sendo considerado como un dos mellores na súa posición na súa época.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de pais bosníaco-croatas, Kovač iniciouse no Rapid Wedding. Tras pasar polo Hertha Zehlendorf (1994-95), fichou polo 1. FC Nürnberg (1995-96), club co que debutou na Fußball-Bundesliga. En 1996 marcha cara ao Bayer Leverkusen. Tras un excelente rendemento o Bayern Múnic faise cos seus servizos no ano 2001. Case dende o comezo farase cun posto no once titular do club bávaro, facendo unha gran contribución aos triunfos do Bayern tanto na liga coma na copa de Alemaña.
Dotado dun gran poderío físico a pesar da súa relativamente baixa estatura para a demarcación que ocupaba, tamén tiña unha magnífica colocación e unha boa técnica.
Selección
[editar | editar a fonte]Nado en Berlin, coma o seu irmán máis vello, Niko. Formaron parte dunha serie de xogadores da selección croata cun lugar de nacemento distinto ó país que representan.
Participou nos mundiais de Corea e o Xapón do 2002 e Alemaña no 2006. Tamén estivo nas Eurocopas do 2004 e 2008.
Tanto con Croacia coma co Bayer Leverkusen e Bayern Múnic foi compañeiro de equipo do seu irmán máis vello,Niko.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos en JadranSport.org (Inglés)
- Leverkusen(Inglés)
- Futbolistas de Croacia
- Futbolistas de Iugoslavia
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Hertha Zehlendorf
- Xogadores do 1. FC Nürnberg
- Xogadores do Bayer Leverkusen
- Xogadores do FC Bayern München
- Xogadores do Juventus FC
- Xogadores do Borussia Dortmund
- Xogadores do NK Dinamo Zagreb
- Xogadores da selección de fútbol de Croacia
- Nados en Berlín
- Nados en 1974