Saltar ao contido

SIMBAD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O observatorio de Estrasburgo.

SIMBAD (the Set of Identifications, Measurements, and Bibliography for Astronomical Data) é unha base de datos astronómicos de obxectos fóra do sistema solar. Pertence ó Centro do datos astronómicos de Estrasburgo (CDS), Francia.

SIMBAD foi creado para combinar o Catálogo de Identificacións Estelares (Catalog of Stellar Identifications, CSI) co Índice Bibliográfico de estrelas (Bibliographic Star Index) existentes en Meudon, un centro de computación creado en 1979, e ampliado máis tarde con fontes adicionais doutros catálogos e literatura científica. A primeira versión interactiva, coñecido como a versión 2, tornouse dispoñible en 1981. A versión 3, desenvolvida en linguaxe C e cargado para dispositivos UNIX no observatorio de Estrasburgo, foi presentado en 1990. En outono de 2006, comezou o lanzamento da versión 4 da base de datos, actualmente gardados no PostgreSQL, e con programación de apoio escrita completamente en Java.

O 14 de xuño de 2007, SIMBAD contiña información 3.824.195 obxectos con 11.200.785 nomes, e 209.451 referencias bibliográficas e 5.455.841 citas bibliográficas.

O asteroide 4692 SIMBAD (1983 VM7) recibiu o seu nome.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy