Saltar ao contido

Sally Oldfield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSally Oldfield
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Dublín, Irlanda Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt Joseph's College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantautora, música, compositora, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalMike Oldfield: The Sallyangie Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsMike Oldfield
Terry Oldfield Editar o valor en Wikidata

Sitio websallyoldfield.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1764809 Facebook: Sally.Oldfield.Official Twitter: oldfield_sally1 MySpace: sallyoldfieldofficial Youtube: UC-tmj0CDIEtcmhg_-O5ViAA Spotify: 1bHrcCJoUjoMbJ8ZBUNJqg iTunes: 5402399 Musicbrainz: 3b838db4-8302-4838-b9d7-921f77695287 Discogs: 91291 Allmusic: mn0000293715 Deezer: 149753 Genius: Sally-oldfield Editar o valor en Wikidata

Sally Patricia Oldfield, nada en Dublín o 3 de agosto de 1947, é unha cantante folk irlandesa. Irmá de Mike Oldfield e Terry Oldfield, o seu maior éxito como cantante foi a canción "Mirrors".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sally Oldfield naceu en Irlanda, pero pasou a súa infancia en Inglaterra, en Reading, Berkshire. Desde os catro anos estudou ballet e gañou numerosos concursos en diversos estilos de danza, incluíndo ballet clásico, claqué e baile moderno. Con once anos, gañou unha bolsa para a Royal Academy of Dancing de Londres, pero abandonou a danza aos trece anos. Estudou sete anos de piano durante os seus anos escolares, nos que se fixo amiga de Marianne Faithfull.

Na Universidade de Bristol estudou Literatura Inglesa e Filosofía.

Carreira musical

[editar | editar a fonte]

A finais da década de 1960 Sally creou o dúo The Sallyangie co seu irmán Mike, e comezaron a adaptar música folk e celta ao seu repertorio.[1]

En agosto de 1968 o dúo de irmáns gravou o disco Children of the Sun, cando Sally tiña 21 anos e Mike 15. Logo continuaron as súas carreiras por separado, mais Sally volveu colaborar en varios álbums de Mike.

Dez anos despois de formar o dúo, Sally debutou aos 31 anos como solista co álbum Water Bearer en 1978, que inclúe a canción "Mirrors", que acadou o posto 19 nas listas británicas.[2][3]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Water Bearer (1978)
  • Easy (1979)
  • Celebration (1980)
  • Playing in the Flame (1981)
  • In Concert (1982)
  • Strange Day in Berlin (1983)
  • Femme (1987)
  • Instincts (1988)
  • Night Riding (1990)
  • Natasha (1990)
  • The Flame (1992)
  • Three Rings (1994)
  • Secret Songs (1996)
  • Flaming Star (2001)
  • Absolutely Chilled (2003)
  1. "The Sallyangie". Discogs.com. 
  2. "Sally Oldfield; Mirrors". songfacts.com. 
  3. "Sally Oldfield - Water Bearer, review by kenethlevine". Progarchives.com (en inglés). 2010-08-19. Consultado o 2024-11-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy