Salvador Freixedo
Nome orixinal | (es) Salvador Freixedo Tabarés |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de abril de 1923 O Carballiño, España |
Morte | 25 de outubro de 2019 (96 anos) |
Relixión | Agnosticismo |
Educación | Universidade Pontificia Comillas |
Actividade | |
Ocupación | Ufólogo |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Freixedo, Salvador, 1923-, |
Salvador Freixedo Tabarés, nado no Carballiño o 23 de abril de 1923 e finado o 25 de outubro de 2019,[1] foi un ex-sacerdote católico galego e ex-membro da Compañía de Xesús, ufólogo e investigador de temas paranormais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Salvador Freijedo Sainz, oficial de Correos no Carballiño e despois notario. Nado nunha familia profundamente relixiosa (o seu irmán foi xesuíta e a súa irmá monxa). Aos cinco anos a familia trasladouse a Ourense, onde iniciou os seus estudos, fixo párvulos nas monxas de San Vicente Paúl e o bacharelato no Instituto Otero Pedrayo. Aos dezaséis anos ingresou na Compañía de Xesús sendo ordenado sacerdote en 1953, en Santander, pertencendo a esta orde trinta anos. Residiu en varios países de América dende 1947 como xesuíta, ensinando Historia da Igrexa no Seminario Interdiocesano de Santo Domingo de Guzmán (República Dominicana), e fundando o Movimiento de la Juventud Obrera Cristiana en San Xoán de Porto Rico sendo viceasesor nacional do mesmo na Habana. Cursou estudos de humanidades en Salamanca,[2] de filosofía na Universidade de Comillas, de teoloxía no Alma College de San Francisco, de ascética no Mont Laurier (Quebec), de psicoloxía na Universidade de Los Angeles (California) e na Universidade de Fordham de Nova York.
Dende a década de 1950 a súa posición crítica coas posturas da Igrexa católica e a publicación dalgúns libros levárono á cadea e á expulsión de Cuba e Venezuela, así como á súa exclusión dos Xesuítas en 1969. Dende os anos setenta dedicouse á investigación no campo da parapsicoloxía, en especial do fenómeno ovni, e a súa relación co fenómeno relixioso e coa historia humana, publicando diversos libros sobre o tema, e fundado o Instituto Mexicano de Estudios del Fenómeno Paranormal, do que presidiu o Primeiro Gran Congreso Internacional organizado esta institución.
Foi invitado como relator en congresos internacionais, así como colaborador de revistas paracientíficas, como Mundo Desconocido,[3] Karma 7 ou Más allá de la Ciencia[4] entre outras. Tamén participou en programas de radio e televisión dedicados a este tipo de temáticas.
Obras
[editar | editar a fonte]De 1950 a 1970
[editar | editar a fonte]- En 1957, mentres estaba en Cuba, escribiu o seu primeiro libro, 40 Casos de Injusticia Social. A súa publicación conmoviu as altas esferas do poder e foi invitado polo dictador Batista a abandonar a illa.
- En 1968, estando en Porto Rico, escribiu Mi Iglesia Duerme, no que expuña a problemática dunha Igrexa encorsetada e denunciaba o pouco espírito evanxélico dalgúns dos seus dirixentes así como a irracionalidade dalgúns dos seus dogmas, polo que foi expulsado dos Xesuítas. En España prohibiuse o libro, mentres que en Suramérica e Norteamérica desatouse unha gran controversia.
- En 1970 apareceu en Venezuela Amor, Sexo, Noviazgo, Matrimonio, Hijos: Cinco Realidades en Evolución (Mitos religiosos en las relaciones humanas). Por influencias episcopais, o partido social-cristián no poder encarcerouno e posteriormente expulsouno do país.
A partir de 1970
[editar | editar a fonte]A partir da súa ruptura coa Compañía estudou a fenomenoloxía paranormal, considerándoa como unha fiestra cara outras realidades ou dimensións da existencia. Froito das súas viaxes, investigacións e reflexións publicou máis de trinta libros (varios sobre a relación da relixión cos extraterrestres), como:
- Extraterrestres y creencias religiosas (Extraterrestres y religión) (1971)
- El diabólico inconsciente (Parapsicología y religión) (1973)
- Visionarios, místicos y contactos extraterrestres (La religión entre la parapsicología y los OVNIS) (1977)
- Israel, pueblo contacto (1978)
- 60 casos de OVNIS
- ¿Por qué agoniza el Cristianismo? (1983)
- Diccionario sulfúrico
- Curanderismo y Curaciones por la Fe (1983)
- ¡Defendámonos de los dioses! (1984)
- Las apariciones de El Escorial (Las Apariciones Marianas) (1985)
- Religión, política y microcefália
- El Cristianismo: un mito más (1986)
- Los curanderos (1987)
- La granja humana (Ellos, los dueños invisibles de este planeta) (1988)
- La amenaza extraterrestre (1989)
- Interpelación a Jesús de Nazaret (1989)
- Apariciones religiosas : mito o realidad? ; una explicación a fenómenos como el de Villa Alemana (1989)
- Los contactados (1991)
- Los hijos de la Nueva Era (1992)
- Los OVNIS, ¿una amenaza para la humanidad? (1992)
- Biografía del fenómeno OVNI (1992)
- ¿Qué son los OVNIS? (1993)
- Fenómeno OVNI: Evidencias (1993)
- En los límites del universo (1994)
- OVNIS y dioses depredadores (1995)
- Las religiones que nos separan (1995)
- Videntes, visionarios y vividores (1998)
- Un gallego llamado Cristóbal Colón, redescubridor de América (2002)[5]
- La Expaña de Z (2010)
- Teovnilogía (2012)
- Iglesia, ¡despierta! (2015)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere el ex jesuita y ufólogo Salvador Freixedo a los 96 años". Burbuja.info (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2019. Consultado o 26 de octubre de 2019.
- ↑ Freixedo, Salvador (1984). ¡Defendámonos de los dioses!. Madrid: Editorial Quintá. p. 222. ISBN 84-398-2245-6.
- ↑ "Mundo Desconocido". Consultado o 21 de enero de 2012.
- ↑ Más allá de la Ciencia. No seu primeiro número apareceu un moi polémico artígo do autor sobre "El informe Matrix".
- ↑ "Presentación do libro, no que se defende a tese de que Colón era galego". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Salvador Freixedo - El rincón del soneto y otras cosas Arquivado 27 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.. Web persoal de Salvador Freixedo.