Saltar ao contido

Sandahl Bergman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSandahl Bergman

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Kansas City, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónShawnee Mission East High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarina, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro, especialista de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata -
Premios

IMDB: nm0000922 Allocine: 70774 Allmovie: p5659 IBDB: 79990
BNE: XX1547750 Musicbrainz: c6017591-37f3-4de9-a0e3-0e11c61d4e68 Discogs: 1372276 Editar o valor en Wikidata

Sandahl Bergman, nada en Kansas City, Missouri o 14 de novembro de 1951, é unha bailarina, actriz e especialista de acción estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de pasar a nenez e a mocidade en Kansas, nos anos 70 mudouse a Nova York e comezou a bailar nalgúns musicais de Broadway. Bob Fosse contratouna como bailarina reserva do musical Pippin, dirixido por el mesmo. Tivo algúns papeis noutros musicais, até parte do cuerpo de actores/bailaríns de A Chorus Line, que era daquela o gran fenómeno de crítica e do público de Broadway. Interpretou a "Judy" despois de que varios dos actores e bailaríns orixinais deixaran o show en 1977.

Foi novamente promovida por Fosse no aclamado musical Dancin, de 1978, que contou con varios dos principais bailaríns de Broadway da época.

A súa estrea nas pantallas aconteceu cun pequeno papel nun filme para televisión. Despois del, participou no filme musical All That Jazz, tamén dirixido por Fosse, éxito de público e crítica e vencedor da Palma de Ouro do Festival de Cannes. Tamén participou no filme Xanadu, de 1980, con Olivia Newton-John.

Sandhal fíxose coñecida internacionalmente en 1982, ó protagonizar, a carón de Arnold Schwarzenegger o filme Conan o bárbaro, papel polo que acabó recibindo o Globo de Ouro de Actriz Revelación. Como non había ningunha dobre dispoñible coas súas características físicas, aprendeu a facer as escenas de risco que precisaban dun dobre. Tres anos despois, volveu participar noutro filme baseado nunha obra de Robert E. Howard, Red Sonja, na que interpretou a malvada Gedren.

Despois destes filmes, Sandhal actuou en pequenos papeis en diversos filmes e series de televisión. Casou por primeira vez ós 45 anos, en 1996. O seu derradeiro filme, foi O detective cantante, xunto a Adrien Brody e a Mel Gibson.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy