Sandy Dennis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1937 Hastings, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 2 de marzo de 1992 (54 anos) Westport, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de ovario |
Lugar de sepultura | Lincoln Memorial Park (en) |
Educación | Lincoln High School (en) HB Studio Nebraska Wesleyan University (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de cinema, actriz de televisión |
Período de actividade | 1952 - |
Premios | |
| |
|
Sandra Dale “Sandy” Dennis, nada en Hastings (Nebrasca) o 27 de abril de 1937 e finada en Westport (Connecticut) o 2 de marzo de 1992 foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dennis criouse en Nebrasca, comezando no teatro durante a universidade, antes de marchar a Nova York aos dezanove anos.
Debutou na televisión en 1956 en The Guiding Light e no cinema en Esplendor na herba (1961). Porén, a súa carreira centrouse máis no teatro, gañando dous premios Tony consecutivos.
En 1966 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por interpretar a fráxil esposa de George Segal en ¿Quen teme a Virginia Woolf?. Foi membro do Actors Studio[1] e defensora do “método”.
O seu último filme foi The Indian Runner, debut coma director de Sean Penn.
Faleceu de cancro de ovarios aos 54 anos.[2]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1961 | Esplendor na herba | Kay | |
1966 | ¿Quen teme a Virginia Woolf? | Honey | |
The Three Sisters | Irina | ||
1967 | Up the Down Staircase | Sylvia Barrett | |
The Fox | Jill Banford | ||
1968 | Sweet November | Sara Deever | |
1969 | That Cold Day in the Park | Frances Austen | |
A Touch of Love | Rosamund Stacey | ||
1970 | The Out of Towners | Gwen Kellerman | |
1975 | Mr. Sycamore | Jane Gwilt | |
1976 | God Told Me To | Martha Nicholas | |
1977 | Nasty Habits | Sister Winifred | |
1981 | The Four Seasons | Anne Callan | |
1982 | Come Back to the Five and Dime, Jimmy Dean, Jimmy Dean | Mona | |
1988 | Another Woman | Claire | |
976-EVIL | Aunt Lucy | ||
1989 | Parents | Millie Dew | |
1991 | The Indian Runner | Mrs. Roberts |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Garfield, David (1980). "Appendix: Life Members of The Actors Studio as of January 1980". A Player's Place: The Story of The Actors Studio. Nova York: MacMillan Publishing Co., Inc. p. 278. ISBN 0-02-542650-8.
- ↑ "Actress Sandy Dennis dies of ovarian cancer at 54". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 31 de maio de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sandy Dennis na IMDb (en inglés).
- Sandy Dennis Foundation
- Sandy Dennis, Veteran Actress And Prize Winner, Is Dead at 54, New York Times, 5 de marzo de 1992