Saltar ao contido

Sen teito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sen teito en París.
Lugar onde persoas viven baixo unha ponte en París.

Unha persoa sen teito ou sen fogar, é aquela persoa que non ten casa propia por motivos de pobreza, sexa por un estado de indixencia ou por unha catástrofe natural. Non inclúe o nomadismo, a ocupación ou fenómenos voluntarios.

Calcúlase que o problema afecta a uns 100 millóns de persoas,[1] especialmente en países subdesenvolvidos ou áreas urbanas.

O dereito á vivenda está considerado como un dereito humano fundamental de segunda xeración, recollido entre outros na Constitución española.

A indixencia é un estado de pobreza absoluta no cal o individuo non é quen de obter os medios mínimos para procurarse alimentos diarios. A indixencia prolongada acaba provocando o fenómeno coñecido como sen teito, polo cal a persoa perde a súa casa por no poder mantenrse a si mesmo. Está asociada coa mendicidade, xa que como no se teñen ingresos, usualmente por falta de traballo, recórrese á esmola ou á axuda social para subsistir.

Recentemente levouse a cabo un estudo sobre o sen fogarismo feminino en Galicia, "que representan aproximadamente o 15% das persoas sen fogar, as mulleres en situación de senfogarismo presentan unha situación de maior vulnerabilidade ca os homes".[2][3]

  1. Capdevila, Gustavo, "HUMAN RIGHTS: More Than 100 Million Homeless Worldwide", IPS, Geneva.
  2. Aguayo Lorenzo, E., Benito Torres, L., Cancelo Márquez, M. T., Díaz Vázquez, R., Expósito Díaz, P., & Freire Esparís, M. d. P. (2020). Estudo sobre senfogarismo feminino e violencia de xénero en galicia (Vázquez Rozas, Emilia ed.). Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social.
  3. "Conferencia sobre mujeres sin techo". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-11-07. Consultado o 2024-11-17. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy