Saltar ao contido

Serra Madre do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSerra Madre do Sur
(es) Sierra Madre del Sur Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMéxico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 17°36′N 100°18′O / 17.6, -100.3
Características
Altitude3.703 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións1.000 (lonxitude) km
Punto máis altoCerro Nube Flane (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (3.720 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie143.447 km² Editar o valor en Wikidata

A Serra Madre do Sur, en castelán Sierra Madre del Sur, é unha cadea montañosa localizada no sur de México que se estende ao longo de 1200 km entre o sur de Xalisco e o Istmo de Tehuantepec, ao oriente de Oaxaca. Corre paralela á costa do océano Pacífico e ao Eixe Neovolcánico, do que é separada pola Depresión de El Balsas. O Eixe Neovolcánico e a Serra Madre do Sur enlázanse no norte de Oaxaca, no Escudo Mixteco. A súa altitude media é de 2000 msnm, sendo o punto máis alto o cerro Quie Yelaag que posúe unha altura de 3710 msnm, no sur de Oaxaca.

Polo occidente, esta serra empeza como Serra de El Alo nos municipios de Tecalitlán e Pihuamo en Xalisco, posteriormente atravesa Michoacán, onde se coñece como serra de Coalcomán. Despois de cruzar o río Balsas, entra en Guerrero polo oeste onde recibe o nome de Cumios de La Tentación. Atravesa todo Guerrero e nos seus límites con Oaxaca é coñecida como Serra de Coicoyán.

Esta serra é atravesada por numerosos ríos, os cales forman notables canóns, principalmente en Guerrero, onde as partes altas son coñecidas como filos. A cordilleira é notable pola súa alta biodiversidade e o seu gran número de especies endémicas. Posúe ademais importantes depósitos de metais como o ouro e a prata; así como de chumbo e ferro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy