Saltar ao contido

Sheldon Lee Glashow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSheldon Lee Glashow

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1932 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
The Bronx High School of Science (en) Traducir
Universidade Cornell
Universidade de Boston Editar o valor en Wikidata
Director de teseJulian Schwinger Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica teórica, força eletrofraca (pt) Traducir, física de partículas e teoria de campo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, físico teórico, científico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Boston
Universidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJulian Schwinger Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoElizabeth Ellen Jenkins (en) Traducir e Uri Sarid (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePhysicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.87) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm6007857 BNE: XX949512 Dialnet: 269207 Editar o valor en Wikidata

Sheldon Lee Glashow, nado en Nova York en 1932, é un físico e catedrático norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1979.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Naceu o 5 de decembro de 1932 na vila de Nova York, fillo de inmigrantes rusos de tradición xudía[1]. Estudou no Bronx High School of Science, onde coñeceu a Steven Weinberg, e posteriormente licenciouse en Física no ano 1954 na Universidade Cornell. En 1959 conseguiu o doutoramento na Universidade Harvard baixo a supervisión de Julian Schwinger, e ampliou os seus estudos no Instituto Niels Bohr de Copenhague, o CERN e no Instituto Tecnolóxico de California.

Entre 1982 e 1984 Glashow foi profesor de física na Universidade de Houston, e desde aquel ano é o da Universidade de Boston.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Xunto a Steven Weinberg e Abdus Salam desenvolveu a teoría da interacción electrodébil pola cal o electromagnetismo e a Interacción nuclear débil son, baixo certas condicións, unha mesma e única interacción. Grazas a estes traballos púidose comprobar como esta teoría era aplicable a todas as partículas e non tanto só aos leptóns.

En 1979 Glashow, xunto con Steven Weinberg e Abdus Salam, serían galardoados co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a Interacción electrodébil.

Posteriormente estudou a relación materia/antimateria, os neutrinos e realizou tamén varios tests de comprobación da relatividade especial descrita por Albert Einstein. Así mesmo destaca por ser un dos científicos máis escépticos da teoría das supercordas, que intenta explicar á vez todas as partículas subatómicas existentes e unificar todas as forzas da natureza.

  • Interactions. A Journey through the Mind of a Particle Physicist and the Matter of this World.[2]
  • The Charm of Physics.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy