Saltar ao contido

Spektr RG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spektr RG / SXG
Modelo de Spektr RG.
TipoObservatorio espacial
Contratistas principaisNPO Lavochkin
Data de lanzamento13 de xullo de 2019[1][2][3]
Foguete portadorProton MF[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónObservatorio radioastronómico.[2][3][4][5]
NSSDC ID2019-040A
Masa2267 kg[4]

Spektr RG, tamén coñecido como Spectrum-XG (SXG), é un observatorio espacial ruso lanzado o 13 de xullo de 2019 a bordo dun foguete Proton M desde o Cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Spektr RG é un observatorio espacial ruso con participación internacional para a observación en raios X. A súa misión é estudar o campo magnético interplanetario, as galaxias e os buratos negros. Leva cinco telescopios a bordo que abarcan enerxías desde o ultravioleta extremo aos raios X duros, e adicionalmente leva un monitor global do ceo. Spektr RG é unha versión relanzada dunha misión de igual nome e obxectivos cancelada en 2002.[1][2][4][5]

O observatorio leva a bordo os seguintes instrumentos:[1][2][4][5]

O lanzamento do observatorio foise pospoñendo desde 2013 ata 2019. O 1 de marzo de 2022 Alemaña apagou o seu instrumento no observatorio como consecuencia da invasión rusa de Ucraína, aínda que podería reacenderse no futuro.[1][2][4][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "SPEKTR RG" (en inglés). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Spektr-RG" (en inglés). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 15 August 2019 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-09064 (E)). 30 de agosto de 2019: 2. Consultado o 23 de novembro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Spektr-RG (SXG)" (en inglés). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2024). "Spektr-RG" (en inglés). Consultado o 29 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy