Teolindo Cortiña
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 Toldaos, España |
Morte | 29 de maio de 1972 (87/88 anos) Toldaos, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, poeta |
Teolindo Cortiña Toural, nado en Toldaos (O Incio) en 1884 e finado na mesma parroquia o 29 de maio de 1972,[1] foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi párroco rural en Sirgal e despois en Penas, no concello de Monterroso, nas súas obras empregou o pseudónimo de Antón de Sirgal. Foi cofundador e colaborou en El Eco del Ulla, o periódico do agrarismo católico editado nos anos vinte en Monterroso. A súa obra céntrase na loita contra o caciquismo e no apoio ao réxime franquista con escasos méritos literarios, compensándoo co emprego dunha lingua popular moi rica.
Obra
[editar | editar a fonte]- Caciquismo en solfa, 1923 (versos).
- Recordando tempos con mor de outros tempos, 1957 (versos).
- Os caciques e a "nena". Segunda parte do Caciquismo en solfa. Desde Primo de Rivera a Franco, 1966 (versos).
- Sopeixos, 1995.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 29-5-1980, p. 26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 558–559. ISBN 84-7154-227-7.