The Whale (filme de 2022)
The Whale | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Whale |
Director | Darren Aronofsky |
Produtor |
|
Guión | Samuel D. Hunter |
Baseado en | The Whale de Samuel D. Hunter |
Intérpretes | |
Música | Rob Simonsen |
Fotografía | Matthew Libatique |
Montaxe | Andrew Weisblum |
Estudio | Protozoa Pictures |
Distribuidora | A24 |
Estrea | Venencia: 4 de setembro de 2022 9 de decembro de 2022 |
Duración | 117 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama psicolóxico[2] |
Orzamento | 3 millóns de dólares[3] |
Recadación | 57,6 millóns de dólares[4][5] |
Na rede | |
The Whale é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Darren Aronofsky e Samuel D. Hunter. Baséase na obra homónima de 2012. Está protagonizado por Brendan Fraser, Sadie Sink, Hong Chau, Ty Simpkins e Samantha Morton. No filme, un solitario profesor de inglés con obesidade severa intenta restaurar a súa relación coa súa filla adolescente, á que abandonou cando tiña oito anos.[6] O filme rodouse entre o 8 de marzo e o 7 de abril de 2021, en Newburgh, Nova York.
The Whale estreouse na 79ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 4 de setembro de 2022. Tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 9 de decembro, antes dunha estrea máis ampla o 21 de decembro a través de A24, recadando 54,9 millóns de dólares contra un orzamento de 3 millóns. A crítica tivo unha resposta polarizada; aínda que algúns enxalzaron a actuación, especialmente de Fraser, Chau e Sink, a representación que se fai no filme das loitas relacionadas coa obesidade motivou críticas. Pola súa interpretación, Fraser gañou o Óscar ó mellor actor, o premio Critics' Choice e o premio SAG, Chau foi nomeada ó Óscar á mellor actriz secundaria, e o filme gañou o Óscar á mellor maquillaxe.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Brendan Fraser como Charlie, un profesor de inglés obeso e solitario.
- Sadie Sink como Ellie Sarsfield, a filla adolescente e distante de Charlie.
- Jacey Sink como Ellie de nena.
- Hong Chau como Liz, a enfermeira que coida de Charlie e a súa mellor amiga.
- Ty Simpkins como Thomas, un misioneiro cristián.
- Samantha Morton como Mary, a exmuller de Charlie e a nai de Ellie.
- Sathya Sridharan como Dan, un repartidor de pizza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Whale". Venice Biennale. 30 de xuño de 2022. Consultado o 26 de xullo de 2022.
- ↑ "The Whale (2022) - Darren Aronofsky | Synopsis, Characteristics, Moods, Themes and Related | AllMovie" (en inglés). Consultado o 2023-01-25.
- ↑ "Orange County among filming locations for new Brendan Fraser movie The Whale". www.midhudsonnews.com. 22 de decembro de 2022. Consultado o 3 de xaneiro de 2023.
- ↑ "The Whale (2022)". Consultado o 23 de xaneiro de 2023.
- ↑ "The Whale (2022)". The Numbers. Consultado o 23 de xaneiro de 2023.
- ↑ "The Whale". A24. Consultado o 2 de decembro de 2022.
- Filmes de 2022
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Darren Aronofsky
- Filmes con banda sonora de Rob Simonsen
- Filmes rodados no estado de Nova York
- Filmes ambientados en 2016
- Filmes sobre educadores
- Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América
- Filmes independentes dos Estados Unidos de América
- Filmes de A24 Films