Saltar ao contido

Tratado de Lausana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tratado de Lausana
Ratificación24 de xullo de 1923
LocalizaciónLausana, Suíza Suíza
SignatariosAliados:
Grecia Reino de Grecia
Francia Francia
Reino de Italia (1861-1946) Reino de Italia
Reino Unido Reino Unido
Xapón Xapón
Romanía Reino de Romanía
Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos
Potencia Central:
Turquía Imperio Otomán[1]

O Tratado de Lausana (francés: Traité de Lausanne) foi un tratado de paz que estableceu as fronteiras da Turquía moderna.[2] Foi asinado na cidade suíza de Lausana o 24 de xullo de 1923 entre os gobernos de Grecia, Turquía e as nacións aliadas da primeira guerra mundial e considérase parte da partición do Imperio Otomán.

Características

[editar | editar a fonte]

O tratado de Lausana invalidou o Tratado de Sèvres, asinado polo Imperio Otomán tras a primeira guerra mundial, pero que non fora aceptado polo novo estado turco fundado por Kemal Ataturk trala Guerra de Independencia Turca. O 20 de outubro de 1922 deu comezo a conferencia de paz, que foi interrompida tras intensas discusións o 4 de febreiro de 1923 e retomada o 23 de abril do mesmo ano. O texto final foi asinado o 24 de xullo, despois de oito meses de deliberacións.

Os principais signatarios foron İsmet İnönü pola parte turca e Eleftherios Venizelospola parte grega. O tratado outorgaba a Turquía a Tracia oriental, as illas de Imbros e Ténedos no Exeo nororiental, e garantía a protección da minoría grega en Turquía e turca en Grecia respectivamente. Non obstante, de acordo co chamado acordo de intercambio de poboación, a maioría da poboación grega de Turquía foi trasladada a Grecia, da mesma forma que unha parte importante da poboación turca de Tracia occidental foi trasladada a Turquía.

En total calcúlase que aproximadamente 1.650.000 gregos foron desprazados dos seus fogares en Anatolia e 670.000 turcos de Grecia foron trasladados a Turquía. Exceptuouse á minoría grega de Istambul (125.000 gregos) e aos habitantes gregos das illas de Imbros e Ténedos. En Grecia permaneceron 110.000 turcos, fundamentalmente na Tracia occidental. A república de Turquía recoñeceu así mesmo o mandato británico sobre a illa de Chipre.

Novas fronteiras

[editar | editar a fonte]
Fronteiras de Turquía tralo tratado de Lausana.

O Tratado definiu as fronteiras europeas do Reino de Grecia, do Reino de Bulgaria e Turquía. Oficialmente concluíu toda soberanía turca sobre as illas do Dodecaneso (artigo 15), Chipre (artigo 20), Exipto e o Sudán (artigo 17), Siria e Iraq (artigo 3). Os territorios do Kurdistán foron repartidos entre varios países, e Armenia foi dividida entre o novo estado turco e a Unión Soviética.

As fronteiras turcas con Arabia Saudita e o Iemen foron controladas por tropas turcas até o 23 de xaneiro de 1919, en que foron transferidas ao Reino Unido, e quedaron definidas (como perdidas para os turcos) no artigo 3.[3][4]

Turquía tamén renunciou, segundo o artigo 22, en favor do Reino de Italia aos seus intereses en Libia, segundo o previamente establecido en 1912 no artigo 10 do Tratado de Ouchy. Porén, Turquía corrixiu parcialmente os reveses do Tratado de Lausana en 1938, cando obtivo a provincia de Hatay de mans de Francia, e en 1974, cando ocupou o terzo setentrional de Chipre.

  1. A partir da firma deste tratado pasou a chamarse Turquía.
  2. "Treaty of Peace with Turkey signed at Lausanne". Lausana, Suíza. 24 de xullo de 1923. Consultado o 28 de novembro de 2012. 
  3. Ottoman Web Site: "Arabia (Yemen-Hejaz) Front"
  4. Osmanlı Web Sitesi: "Arabistan Cephesi"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy