Saltar ao contido

Triciclo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Triciclo antigo.

Un triciclo[1] (de tri, tres e do grego κύκλος, círculo, roda) é un vehículo de tres rodas, xeralmente impulsado por forza humana. Tamén entran na categoría os triciclos motorizados que son moi similares a unha motocicleta. Polo común os automóbiles con tres rodas non se denominan triciclos.

Son amplamente coñecidos os triciclos para nenos, xa que adoitan ser o primeiro vehículo de moitos pequenos debido á súa estabilidade, potencial de diversión e prezo. Polo xeral os pedais que o impulsan atópanse na roda dianteira, se ben algúns posúen piñóns e cadea similar ao da bicicleta impulsando as rodas traseiras.

O primeiro triciclo foi construído en 1655 ou 1680 por un parapléxico alemán chamado Stephan Farffler, que vivía preto de Nürnberg. Farffler era un reloxeiro e o seu triciclo tiña engrenaxes e manivelas que lle permitían moverse sen necesidade de usar as súas pernas.[2][3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para triciclo.
  2. Greene, Steve (2011). Free on Three: The Wild World of Human Powered Recumbent Tadpole Tricycles. iUniverse. p. 21. ISBN 978-1462021604. 
  3. «Medical Innovations - Wheelchair». Science Reporter 44: 397. 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy